Etiquetas

Estiven estes días probando o programa de musica Spotify e estou encantado. Tan encantado que ata deixei de baixar musica polo Ares. A vos non vos pasaba que tiñades gigas e gigas de musica almacenada no disco duro?. A min resultábame moi pesado ter todo ben organizado por grupos, albumes e demais porque non había xeito de atopar nada.

No Spotify teño toda a musica que me interesa (atopei autenticas reliquias) e como teño a versión free é gratis limitándome a 20 horas de música o mes. Podo dicir que non vou ser quen de gastar todo ese tempo.  Cada tres cancións métenche un cuña publicitaria pero aínda así compensa. Non haberá algo igual para o cine?

Advertisements