Etiquetas

,

Vexo moi revolto o ambiente político por mor da posible legalización de SORTU a nova marca política de esquerda abertzale vasca. Andan todos como tolos co tema para ver se cumpre ou non cumpre a lei de partidos, se é ou non é a continuación da ilegalizada Batasuna, se está ou non ligada a ETA. Realmente é necesario este debate?.

Faime moita gracia escoitar a xente da dereita españolista falar de que esta nova organización condena a violencia nos seus estatutos, si, pero que non condena a violencia pasada de ETA. E logo o PP condenou a ditadura franquista?. Dificilmente o pode facer cando está fundado por Don Manuel Fraga, o home que sendo ministro de Franco dixo aquelo de “La calle es mía”. Un demócrata de toda a vida vamos.

Respecto o tema que nos ocupa penso que se a policía ten sospeitas de que esta nova marca política ten conexións coa banda terrorista é moi correcto o que fixo o ministerio do interior. Derivar toda a información dispoñible sobre eles a fiscalía para que sexa a xustiza quen decida se é posible que estas siglas se presente as convocatorias electorais ou non, sen intromisións.

Todo o demais e tratar de sacar rédito político dunha situación que debería ser motivo de unión de todos os demócratas, como é acadar o fin do terrorismo, e do que todos os partidos afectados pola situación (PP-PSOE e nacionalistas vascos) quérense aproveitar, ben sexa para saír gañando eles ou para facer perder os demais.

Advertisements