Etiquetas

Onte a noite rematei de ler “La hermandad de la sabana santa“. O final decepcionoume un pouco xa que, en pouco menos de vinte paxinas, resolveu a historia e explicou o porqué de todo. De todos os xeitos sigo pesando que é moi recomendable.

Empecei hai un rato a nova novela de Ken Follet “La caida de los gigantes“, por certo literalmente imposible de atopar en galego. Porque non podemos ter acceso os grandes titulos actuais na nosa lingua?. Vai ser un tema para reflexionar noutro post. Volvendo o libro en si, vai ser todo un reto. 1017 paxinas dun libro que forma parte dunha triloxía que narra o desenrolo da historia do mundo no século XX a través da visión de diferentes familias de diferentes países e diferentes sensibilidades ideolóxicas.

A temática xa é ambiciosa de por si se temos en conta que, dende o meu punto de vista, o século XX foi un dos mais incribles da historia da humanidade. Coñecendo o autor dos Pilares da terra e Un mundo sen fin agardo un libro que enganche de principio a fin.

Xa vos irei contando.

Advertisements