Etiquetas

Xa van trinta anos do intento de golpe de estado perpetrado no ano 81. Que pouco faltou.  Loxicamente non teño lembranzas dese tempo, xa que só tiña tres anos pero o que falei sobre o tema co meu avó deume certa visión sobre o que pasou. por suposto esa visión non é, nin moito menos, obxectiva. Meu avó, que era natural de Vic (Barcelona) fora capitán do exercito republicano e prisioneiro das tropas fascistas en varios campos de concentración, o último deles o de Deusto (Bilbao).

Poren, non é sobre o que eu penso do tema do que quero escribir, senón das sensacións e os medos de quen si o viviu. Cando eu xa era mozo e empezaba a interesarme por todos estes acontecementos fun indagando e meu avó contoume os seus pareceres sobre ese día. Sorprendeume moito que un home republicano, catalán e catalanista convencido tivera tanto apego a democracia española. Contoume que a súa primeira reacción foi de rabia. Rabia polo que pasou el durante a guerra e a ditadura pero sobre todo polo que nos podía pasar a nos. “No hem après res” (Non aprendemos nada), contoume que dixo mentres escoitaba os tiros pola radio e tiraba con violencia a cunca do café.Non quería que os seus netos tiveran que vivir nunha ditadura, nin medrar sen poder expresar as súas ideas ou falar a súa lingua.

Faloume de como saíu correndo a coller o coche e buscar a miña nai, funcionaria do Concello, e que daquela traballaba na Estación de autobuses. Como chegaron logo a casa e como el non dicía nada mentres se mantiña a espera, xa que pola radio dixo que só botaban marchas militares.

Supoño que tivo que pasar moito medo. O seu pasado facía que non se sentira a salvo. Sorprendeume sempre a súa capacidade para perdoar. O mellor a procesión era por dentro pero nunca o demostrou. Soubo convivir con familiares que apoiaban o fascismo. Que apoiaban os que o fixeran preso.

Finalmente todo saíu ben, pero non debemos esquecer nunca que es vinte e tres de febreiro de mil novecentos oitenta e un, todo estivo a piques de ir o carallo.

Advertisements