Etiquetas

Sempre pensei que a única ideoloxía que podía protexer os intereses da clase media e baixa era a chamada esquerda. Xa fora nas variantes mais esquerdistas ou das que teñen orientación socialdemócrata estas ideoloxías representaban para min a defensa dos meus intereses fronte a dereita rancia que só miraba para os ricos. Esta dereita non mudou, segue mirando unicamente para os ricos e aproveita as medidas populistas para acadar votos o prezo que sexa, é útil para os intereses dos que a apoian. Podemos dicir o mesmo da esquerda?

A actualidade dos partidos de esquerda (deriva neoliberal do  PSOE e o tradicional enroque en si mesmo do BNG por poñer dous exemplos próximos)  danme a entender que a utilidade das súas teses non son o que precisamos. Sexamos claros, o sistema é como é e non vale de nada estar todo o día en contra del sen buscar solucións que axuden a xente. No pasado, os partidos de esquerdas representaban a resistencia contra a falla de liberdades e contra os abusos do capitalismo, non estou falando de hai cen anos senón de dos principios da democracia, hai só trinta anos. Hoxe en día non valen as mesmas receitas que entón e as novas solucións pasan por adaptar as ideoloxías o sistema, toda vez que se demostrou que este vai quedar entre nos.

Dentro dunha economía capitalista é moi necesario que existan partidos que estean de parte dos traballadores, que miren polos seus intereses potenciando as posibilidades dunha vida mellor. Este papel, que antes desempeñaba a esquerda, entendida esta de xeito tradicional, é hoxe desempeñada polo socioliberalismo. Unha opción ideolóxica que fala de “control estatal” no canto de “intervención directa”, onde a opción é a “regulación” en troques da “prohibición”. A idea é garantir que os cidadáns teñan acceso os servizos asistenciais necesarios sen que sexa obrigación que estes os desenrole o estado.Fomentar a iniciativa privada e que o estado faga de supervisor. As inversións directas do estado teñen que ir dirixidos a axudar a poboación que non ten os recursos suficientes para obter os mesmos co seu traballo. Porque ten o estado que destinar os mesmos cartos, por exemplo en sanidade, a unha persoa que gaña 50.000€ o ano que a outra que gaña 15.000€? Non merece esta ultima que lle faciliten a igualdade de oportunidades que o que mais cobra investindo mais na súa situación? Porque gastar os cartos de todos en todo o mundo cando hai que se pode permitir unha atención privada?.

Os recursos do estado deberían ir destinados a xente que non se pode pagar eses servizos na empresa privada garantindo así a igualdade entre todos. É o que propugna o socioliberalismo, que considero desempeña o papel que tivo a esquerda tradicional no século XX e que hoxe, para min, da a impresión de estar fora de tempo. Morta ideoloxicamente.

Advertisements