Etiquetas

Últimas noticias. Despois de que o PP, a Voz de Galicia, empresas enerxéticas (españolas por suposto) e por sorprendente que pareza o PSdeG, botaran todo tipo de lixo pola boca falando da ilegalidade do decreto eólico do anterior goberno da Xunta de Galicia que pouco menos que ia esnaquizar o terruño, sae agora o TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) dicindo que o citado decreto é perfectamente legal en todos os seus puntos.

Caso curioso é o do ex conselleiro de medio ambiente  e actual secretario xeral do PSdeG, o señor Manuel Vázquez que, como non lle gustaba nada a relación do seu partido co BNG destapou a caixa dos trebóns, das criticas e das calumnias abrindo unha profunda crise no goberno bipartito que o tempo demostrou mortal.

O señor presidente do goberno, Alberto Nuñez Feijoo, non di nada e a outra pata do banco, “La Voz de Galicia” tampouco.

Preguntoume eu, aquí non dimite ninguén?

Advertisements