Etiquetas

“A República é unha forma de goberno  na cal o Xefe de Estado, normalmente chamado presidente, é escollido polo pobo  mediante elección, para exercer a xefatura por un período determinado. A orixe da palabra é latina , Res publica (= cousa pública).”

A propia definición do termo “República” é o mellor resumo do que ofrece este sistema de goberno. O pobo escolle os seus lideres.

No estado español as dúas experiencias republicanas fracasaron pola intervención de forzas externas o sistema democrático que desbarataron as opcións de asentar este sistema político. Agora 80 anos despois, cunha guerra civil e unha ditadura polo medio as ansias republicanas está mais presentes que nunca.

Están presentes porque a transición non resolveu os problemas de convivencia territorial. Están presentes porque, unha vez superada a transición a democracia, a figura hereditaria da xefatura do estado é algo rancio, ata casposo. Na miña opinión non se completará o camiño iniciado no 78 ata que cambie o modelo de estado cara unha república federal.

Porque é agora o momento? Porque non se fixo no 78?. Hai que ter en conta que a transición española cara a democracia foi un xogo de estratexia e equilibrios de poder entre o chamado “bunquer” da ditadura e os ilegais partidos da oposición. Todo isto coa ameaza dun exercito que se vía como garante da unidade de España fronte a ameaza roxa. No 78 non era o momento.

Así, o herdeiro a xefatura do estado nomeado polo ditador Franco, xurou os principios do réxime primeiro e a constitución despois sen maiores dificultades morais tendo como obxectivo a transición cara un sistema democrático que resolvera definitivamente os problemas históricos que potenciaban a inestabilidade da convivencia das nacións que conformaban o estado. Trinta anos despois, superados os acordos e os pactos os que se chegou daquela polas ansias democráticas, aquelas diferencias son mais vixentes que nunca.

Agora, no ano 2011, co Rei con poucos anos de goberno por diante, é o momento preciso de convocar un referendo para dicir se queremos manter unha xefatura de estado hereditaria ou damos pasos adiante cara a III República, cunha nova constitución que recolla as aspiracións de autogoberno dos países que pertencen o estado, que regule as normas de convivencia entre nos e que non cometa os mesmos erros que na constitución do 78. Xa non hai presións, nin presas. Xa non hai medo a unha volta atrás nin a perda de liberades. O meu modo de ver, é cuestión de tempo que chegue o fin da monarquía hereditaria e pasemos a un sistema de estado solidario e escollido pola cidadanía.

Seria a mellor democracia imaxinable.

Advertisements