Etiquetas

Saia estes días na prensa os movementos de varios millonarios do mundo para facerse con clubs da LFP e deume por pensar na organización que debería ter un equipo profesional. Deume por pensar niso porque estou convencido que no Deportivo da Coruña non hai nin a metade das áreas precisas para unha xestión profesional acorde o século XXI.

Quero deixar ben claro que o que ven a partir de agora é a miña impresión persoal e profana sobre o tema. Que ninguén pense que isto ten algún valor teórico ou practico porque o mellor estou dicindo burradas.

Dende a aparición dos cartos das TV e a mediatización do deporte os ingresos dos clubs disparáronse. Xeraron unha cantidade de negocios paralelos inxente que proporciona, ou debería proporcionar, novos e xugosos ingresos os clubs. No Deportivo da Coruña penso que isto non sucede e que aquí, non se move un dedo sen que o presidente o mande. Isto, lóxico e habitual no século XX, está totalmente desfasado o día de hoxe. Vou describir o que eu penso que deberia ser a estructura organizativa do Deportivo do século XXI.

A propiedade do Club, como SAD, recae sobre os accionistas que nomean un Consello de Administracion cun presidente a fronte. Este Presidente tería as funcions de director executivo da entidade, coa responsabilidade de marcar as liñas de actuacion do club e coordinar as actuacions das distintias áreas organizativas. Ademais tería a función de representación da entidade diante dos organismos deportivos e a responsabilidade da vida institucional do club.  Cada unha destas hipoteticas áreas, estaría dirixida por un director xeral e serían as seguintes.

Área Deportiva — Segue a ser o nucleo sobre o que se vertebra o resto do Club. Dentro das suas funcions está o deseño a curto, medio e longo prazo da politica deportiva da entidade. Facendo un simil empresarial é a área encargada da “produccion”. Xera xogadores (producto) a traves da canteira e marca as liñas sobre a que debe ser a filosofia futbolistica do Club. Isto aporta valor engadido a entidade xa que é doado identificar un tipo de futbol e de comportamento deportivo e relacionalo inmediatamente cun club.

A área deportivo subdividese nas seguintes áreas:

  • RRHH deportivos
  • Secretaria técnica
  • Categorías de base
  • Servizos médicos
  • Primeiro equipo

As liñas que ten que seguir esta área definiríanse nunha “comisión deportiva” da que formarían parte os responsables de cada sub área o director da área deportiva e o director executivo.

Área comercial e de “marketing” — É a área mais importante do modelo de club profesional que plantexo. Sería a responsable de obter os recursos económicos para o funcionamento da entidade e da “imaxe de marca” que se lle vai vender os potenciais clientes tanto directos (seareiros) como indirectos (empresas). Tería as funcións de

  • Xestión de produto — Responsable de ofrecer un produto apetecible en formato de abonos, entradas, carnets de socio, xestión de palcos, xestión do estadio, etc.
  • Patrocinios e publicidade — Xestionando os patrocinadores e as relacións coas empresas que queren publicitarse empregando a plataforma que lles ofrece o club.
  • Xestión de “hospitality” — deseñando e xestionando actividades “non deportivas” que permitan a obtención de ingresos.

Área de comunicación — Coa responsabilidade da relación da entidade coa prensa e con calquera interlocutor sendo tamén responsable da comunicación cos clientes a traves das canles adecuedas

  • Web
  • Revista RCD
  • Entrevistas

Área de organización— Encargada de todo o relacionado coa organización e desenrolo dos acontecementos nos que tome parte a entidade, así como do mantemento das instalacións. Sería unha funcion de “staff” con necesarias colaboracions constantes co resto dos departamentos.

Área economica e administrativa — Responsable do funcionamento administrativo da entidade e do deseño, desenrolo e seguimento dos presupostos. Tería dúas divisions

  • División administrativa — Responsable dos RRHH non deportivos e das xestións administrativas
  • División economiza — Responsable da planificación, deseño, desenrolo e seguimento da actividade económica da entidade.

A maiores desta organización o Club debería contar cunha Fundación que se encargue da relación da entidade coa sociedade e xestione as actividades que se lle ofrece. No Deportivo poderian ser o convenio co futbol modesto, a escola de adestradores, o torneo de futbol base, os campus de veran, a seccion de veteranos, posibles acordos coa UDC e posibles becas, etc.

A intención da profesionalización do club non é outra que limitar os efectos nas contas da situación deportiva de cada tempada, asegurando e potenciando o futuro do deportivismo.

Vai ter que ser así a non moito tardar porque o negocio do fútbol avanza a pasos axigantados e non nos podemos permitir o luxo de seguir quedando atrás.

Advertisements