Etiquetas

Acabo de ler no diario económico “El economista” que o portal de música on-line Spotify está en negociacións cos grandes estudios cinematográficos para ofrecer películas. A falta de mais detalles é unha boa nova e teremos que agardar para coñecer o formato no que o pensan ofertar. Supoño que será unicamente baixo subscrición, para os usuarios “premium” pero non estaría mal unha versión “free” con algo de publicidade. A min non me importaría en absoluto.

De todos os xeitos parece que nos proximos meses imos estar saturados deste tipo de opcions xa que youtube, google e similares está preparando o lanzamento de plataformas moi parecidas.

Teremos que agardar.

Advertisements