Etiquetas

Tiña pensado escribir sobre o noxo que me está dando a campaña para as eleccións municipais en Galicia pero claro, despois da nova coa que nos espertamos todo o demais queda nun segundo plano. Porque o que pasou esta madrugada na outra esquina do mundo é algo histórico do que non coñecemos as repercusións que pode ter no futuro mais inmediato.

Refírome, por suposto, o asasinato do terrorista  e líder máximo de Al Qaeda, Osama Bin Laden. Estou convencido de que o mundo está mellor sen persoas como Bin Laden pero a acción dos USA plantexame moitos inconvintes morais.

Primeiro porque agora mesmo teño a sensación de que nada escapa o poder militar dos americanos. Tarden o que tarden e custe o que custe eles acaban cos seus inimigos. Dez anos pasaron dos atentados do 11-s e ai seguían sen desfalecer nin un segundo, sendo capaces de entrar en guerra con quen faga falta para acadar os seus obxectivos.

Pero o meirande dos problemas o vexo en que non foi unha detención, nin morreu Bin Laden en combate. Foi asasinado cun tiro na cabeza. Sen xuízos, sen leis. Unha execución o estilo dos terroristas. Que nos diferencia deles? Occidente podía saír reforzado desta situación coa captura de Bin Laden para poñelo a disposición da xustiza demostrando a todo o mundo que as leis si importan. Pero agora só temos unha acción militar encamiñada unicamente o asasinato dun home. Causante do sufrimento de miles de seres humanos, certo, pero ata os nazis foron xulgados polos seus crimes.

Así que hoxe é un día triste, porque é o día no que a que chaman maior democracia do mundo perdeu a oportunidade de demostrar que eles actúan conforme as leis en non como asasinos e terroristas. E xa van moitas mostras do que son capaces de facer.

Advertisements