Etiquetas

A que se montou estes días coas manifestacións convocadas pola plataforma Democracia Real Xa. Por fin a sociedade movese para dicirlle os partidos políticos que non todo vale, que a mocidade non é a xeración ni-ni como queren facernos crer e que a sociedade si que ten sangre nas venas.

Os dous grandes partidos andan coa mosca detrás da orella porque como a sociedade esperte e comence  a pedir cambios na, por exemplo, lei electoral acabóuselles o choio.Como dicían o final da peli de Mel Gibson O Patriota “Todo vai cambiar. Todo cambiou xa”.

Falei da lei electoral porque a do estado español é unha vergoña e está deseñada para fomentar un bipartidismo PSOE – PP que, dados os casos de corrupción que asolagan as súas filas, non é o que mais nos convén os cidadáns. Estamos falando de que PSOE e PP precisan 65.000 votos, CIU 70.000, PNV 50.000 e IU 480.000 para obter un escano no Congreso dos deputados gracias o deseño da lei electoral. Son mellores os do PPSOE para que con menos votos obteñan mais?. Eu non o creo.

Pero a cousa non acaba aquí porque no estado español tampouco existe un poder xudicial independente do político, porque partidos políticos e sindicatos viven das subvencions dos diferentes gobernos e non exclusivamente das cotas dos afiliados, porque unha persoa imputada xudicialmente pódese presentar a un cargo electo… Podería seguir así todo o día.

Se queremos un cambio temos que loitar por el porque ninguén o vai acadar por nos. Se queremos un sistema que pense nas persoas non van ser os banqueiros os que o consigan. A sociedade debería ser o motor dos cambios como sucedeu en Islandia ou nos países árabes. Pero ollo, o movemento Democracia Real está moi ben e vese con forza pero algo así non xurde de xeito espontáneo. A organización que se require para coordinar manifestacións en 50 cidades do estado non é só gracias as redes sociais. Así que para rematar, si queremos os cambios, si queremos outro xeito de actuar e outros valores políticos. Pero eu tamén quero saber quen son os que están detrás de este movemento. Quen o apoia?. De onde saen os portavoces?.

Non tiremos pola borda esta oportunidade.

Advertisements