Etiquetas

Xa se van sabendo mais cousas sobre a mobilización da sociedade a que estamos asistindo. Despois das revoltas do mundo árabe, estaremos vivindo un intre histórico no estado español?. Iso só o pode dicir o tempo. Polo momento na web da plataforma Democracia real incluíron unha serie de propostas que os seus membros achan esenciais para unha rexeneración democrática.

Esa batería de propostas inclúe medidas económicas que nada teñen que ver coas exixencias dunha nova democracia e polo tanto non as vou detallar inda que estou de acordo con algúns puntos. Si quero comentar as propostas que ofrece a plataforma para que teñamos unha democracia mais participativa.

1. ELIMINACIÓN DE LOS PRIVILEGIOS DE LA CLASE POLÍTICA:  Concordo con todos os punto. Hai veces que ver o Congreso dos Deputados da pena con todas as cadeiras baleiras. Eu dividiría a nómina dos deputados en dous. Unha parte fixa e outra ligada a súa presencia na cámara. Non é razoable que un deputado que asiste a tódalas sesións cobre o mesmo que outro que se fuma a metade dos plenos. Boto en falta que ninguén fale do financiamento dos partidos políticos e sindicatos e dos gastos electorais. Son da idea de que os partidos e sindicatos téñense que financiar coas cotas dos afiliados e os gastos electorais non deberían incluír o envío de publicidade política como na actualidade. O estado debe ser vixía e non parte do proceso.

  • Control estricto del absentismo de los cargos electos en sus respectivos puestos. Sanciones específicas por dejación de funciones.
  • Supresión de los privilegios en el pago de impuestos, los años de cotización y el monto de las pensiones. Equiparación del salario de los representantes electos al salario medio español más las dietas necesarias indispensables para el ejercicio de sus funciones.
  • Eliminación de la inmunidad asociada al cargo. Imprescriptibilidad de los delitos de corrupción.
  • Publicación obligatoria del patrimonio de todos los cargos públicos.
  • Reducción de los cargos de libre designación.

2. CONTRA EL DESEMPLEO: Este é un dos puntos que penso que lle corresponde tratar os políticos e que nada ten que ver coa reclamación dunha democracia real. No Coment.

3. DERECHO A LA VIVIENDA: Un dereito constitucional que é claramente incumprido. Inda así tamén considero que é algo que depende das políticas que sigan os partidos no goberno. Si que estou a favor da seguinte medida:

  • Que se permita la dación en pago de las viviendas para cancelar las hipotecas.

4. SERVICIOS PÚBLICOS DE CALIDAD: Realmente ten que ver coa rexeneración democrática? Concordo coa petición pero non penso que teñamos mais democracia dependendo da calidade dos servizos públicos.

5. CONTROL DE LAS ENTIDADES BANCARIAS: E seguimos. Non teño nada en contra disto. É mais estou completamente de acordo en deixar crebar as entidades bancarias insostibles (nacionalización nunca xamais) pero non vexo positivo marcar as pautas económicas do estado por decreto lei. Os partidos que gobernen terán que presentar os seus proxectos económicos e que a cidadanía os vote. Se non que diantre imos escoller o votar?. Si que concordo en que o Banco de España debería regular os movementos especulativos ou de mala praxe por parte das entidades bancarias.

  • Prohibición de cualquier tipo de rescate o inyección de capital a entidades bancarias: aquellas entidades en dificultades deben quebrar o ser nacionalizadas para constituir una banca pública bajo control social.
  • Elevación de los impuestos a la banca de manera directamente proporcional al gasto social ocasionado por la crisis generada por su mala gestión.
  • Devolución a las arcas públicas por parte de los bancos de todo capital público aportado.
  • Prohibición de inversión de bancos españoles en paraísos fiscales.
  • Regulación de sanciones a los movimientos especulativos y a la mala praxis bancaria.

6. FISCALIDAD: Volvemos co mesmo. Isto forma parte das medidas que presenta cada partido de cara a unhas eleccións. Chamase programa é debe ter a posibilidade de mudar dependendo do que voten os cidadáns.

7. LIBERTADES CIUDADANAS Y DEMOCRACIA PARTICIPATIVA: Concordo con todos estes puntos o 100% agás co último. Cada partido ten que ser soberano para escoller os candidatos como queiran os seus militantes. Non se pode ter a vida política controlada e dirixida. Sobre todo coa modificación da lei electoral e a independencia do poder xudicial. Iso si que me parecería un paso de xigante cara unha verdadeira democracia participativa.

  • No al control de internet. Abolición de la Ley Sinde.
  • Protección de la libertad de información y del periodismo de investigación.
  • Referéndums obligatorios y vinculantes para las cuestiones de gran calado que modifican las condiciones de vida de los ciudadanos.
  • Referéndums obligatorios para toda introducción de medidas dictadas desde la Unión Europea.
  • Modificación de la Ley Electoral para garantizar un sistema auténticamente representativo y proporcional que no discrimine a ninguna fuerza política ni voluntad social, donde el voto en blanco y el voto nulo también tengan su representación en el legislativo.
  • Independencia del Poder Judicial: reforma de la figura del Ministerio Fiscal para garantizar su independencia, no al nombramiento de miembros del Tribunal Constitucional y del Consejo General del Poder Judicial por parte del Poder Ejecutivo.
  • Establecimiento de mecanismos efectivos que garanticen la democracia interna en los partidos políticos.

8. REDUCCIÓN DEL GASTO MILITAR: Tamén totalmente de acordo. Eu son partidario da creación dun corpo militar EUROPEO que axude os países membros a reducir custos e garantir a súa seguridade.

A maiores de todo isto eu engadiría algo mais. O estado ten que ser garante de que ningún cidadán quede sen votar. Por exemplo en Galicia case trinta mil mariñeiros non poden votar nas próximas municipais por estar embarcados. No século XXI isto é lamentable. Por iso son partidario do que se chama democracia 2.0, isto é aproveitar as novas tecnoloxías para dotar a cidadanía dos medios necesarios para garantir a súa plena participación na toma de decisións.

Será o momento adecuado para un referendo sobre a forma de estado que queremos? Monarquía? III República?. Imos paso a paso. Primeiro academos unha verdadeira democracia participativa. O demais virá rodado.

Advertisements