Etiquetas

Seguimos cos acampados de Democracia Real Xa na rúa e sen visos de que queiran levantar o campamento. Nun post anterior sobre o mesmo tema pedía que non se botara por terra esta oportunidade e penso que este movemento perdeu toda a súa forza inicial e desfíxose coma un azucarillo no café. Explícome

O domingo andiven  por Compostela e non perdín a oportunidade de pasar polo Obradoiro para saber de primeira man o que se estaba a facer nos campamentos de “indignados”. Decepción absoluta. Descoñezo o que se está a facer noutras cidades, ou se o que vin alí é ou non é a tónica xeral, pero en Compostela o que atopei foi un grupo de “perroflautas” que tanto están no festival de Ortigueira, como nas manifestacións pola casa das Atochas na Coruña ou nunha acampada pedindo mais democracia. Non foi a reunión de cidadáns de tódalas clases que pensei que atoparía. Non foi un montón de universitarios preocupados polo seu futuro.

Polo que vin perdeuse a oportunidade. Iniciáronse as protestas pero ninguén tomou a cabeceira e non se soubo cara onde ir. Se a plataforma Democracia Real quere que os seus esforzos queden en nada teñen que dar un paso mais. Cal debe ser ese paso?. Loxicamente iso téñeno que decidir os membros da plataforma pero para min o ideal é levantar os campamentos e poñerse a traballar para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular para a modificación da lei electoral. Porque? Porque é o primeiro paso para romper o bipartidismo inmobilista do PP-PSOE e o xeito de que novas formacións con novas ideas entren nas institucións. É o xeito de que a sociedade estea realmente representada e que cada voto teña o mesmo valor.

As cousas hai que arranxalas de raíz.

Advertisements