Etiquetas

O titulo que dou a este artigo é o que mellor reflexa os sentimentos que me provocan os resultados das eleccións en Galicia. Estou perdendo a esperanza. A esperanza de que pensemos en nos e no que mais nos convén. A esperanza de que deixemos de lado os localismos e individualismos. Que Galicia non se converta nunha rexión mais do estado, moi floclorica, onde se come moi ben.

Que nos pasa?

Respecto moitisimo os votos da sociedade. Pero non os entendo. Como é posible que a corrupción non teña castigo? Como alguén nacido neste pais non vexa con claridade meridiana que os partidos con base en Madrid non van mirar polo interese de Galicia. Non por que non queiran, que estou seguro que moitos dos políticos integrados nos partidos estatais queren o mellor para esta terra, pero as decisións que tomen aquí sempre quedaran supeditadas o que ditamine Madrid.

Tampouco entendo como ninguén lle bota “enerxía” para sacar adiante proxectos políticos fora do BNG que amplíen a diversidade de opcións  dentro do nacionalismo. Porque se empeñan en poñer trabas a novas opcións políticas? Non se decatan do dano que fan o país?. Mentres nacionalismo e BNG segan a ser sinónimos os partidos estatais teñen a guerra gañada. Precisamos que a sociedade poida votar distintos xeitos de ver a política pero sempre en clave galega. E agora mesmo non pode.

Hai proxectos, hai movementos e hai opcións se poden medrar o suficiente, pero coido que o tempo vai moito mais rápido que o traballo que eses partidos está a desenvolver.

Hoxe estamos mais preto de ser a rexión de Galicia

Advertisements