Etiquetas

Andamos organizando as vacacións deste ano e xa temos destino desde hai unha semana. Firenze. Adoro Italia e a capital da Toscana é unha das miñas cidades favoritas. Arte, gastronomía e moda así que cando a miña parella sacou esta posibilidade xa non pensamos noutra cousa. Polo momento temos billetes Santiago-Madrid-Pisa en ida e volta. Un pouco caros para ser con Ryanair, 187€ x persoa pero é o que hai.

Estamos agora mirando para durmir, e despois da mais que positiva experiencia de Roma 2008 nun bed&breakfast penso que imos repetir nun establecemento similar.

Marchamos o 1 de xullo, xa queda menos

Advertisements