Etiquetas

Xa está pechada a viaxe!!.  Xa tiñamos pechados os voos e por fin temos pechados os hoteis. Cinco noites en Firenze e unha en Pisa. Suficiente? Xa veremos pero dáme no nariz que vou quedar coas ganas de facer unha excursión a outras cidades da Toscana como Siena. Iso xa se verá.

Os hoteis finalmente collémolos na axencia de sempre Wanderer aínda que esta vez desespereime coa rapaza que nos atendeu. Menos mal que foi a “xefa” outro día que ten moita mais paciencia ca min e deixou todo pechado. O nivel dos hoteis? O habitual nos nosos viaxes. Low Cost pero con condicións. Limpeza e centralidade non é que sexan desexables, son condición sine quane, de ai que tardaramos tanto en decidirnos. Hai que botar man de google para facer un estudio da situación de cada un e mergullarse nos foros para coñecer opinións de primeira man.

O final en Firenze imos o barrio de San Lorenzo, o cal vaime permitir pasar moito tempo polo seu marabilloso mercado, e en Pisa o outro lado do río pero como é unha cidade tan pequena pouco importa. Xa non queda nada. Marchamos o 1 de xullo. Toscana here we go!.

Advertisements