Etiquetas

Festa rachada esta pasada noite na Coruña. Unha das noites mais especiais e tradicionais do ano para os coruñeses a das lumeradas que este ano viuse deslucida pola morte de dous rapaces. Pero non é o meu obxectivo tratar sobre a seguridade da festa, senón sobre a conveniencia de declaralo día festivo.

Ven todo isto a conto porque o recen escollido alcalde Carlos Negreira plantexou unha posibilidade longamente demandada polos coruñeses, que o día de San Xoán sexa festivo. Porén non o fixo como moitos pensaban solicitando o cambio do día do Rosario, festa moi respectable pero que ten un apoio popular limitado a un sector moi especifico da sociedade,  senón polo martes de Entroido. Sen entrar a comentar os beneficios que reportan cada unha das festas os sectores produtivos da cidade. Contentos deben estar os hostaleiros da cidade que tanto o apoiaron, en termos xerais, na súa candidatura.

E digo que deben estar contentos porque estes dous días, San Xoán e Entroido, ben xestionados son un pulo importante para o sector turístico e hostaleiro da cidade. Dúas festas nas que A Coruña botase a rúa con ledicia e sen estreiteces a desfrutar da noite e do día. Pulo importante para o sector hostaleiro pero tamén para o turístico. Que imaxe leva da cidade un turista que ven a Coruña por primeira vez e ve a marabillosa imaxe das nosas praias ata arriba de cacharelas e a xente nas rúas desfrutando da noite meiga? O mesmo se pode trasladar a noite de entroido.

A outra opción que plantexaba o alcalde Negreira era cambiar o Día das letras Galegas. Xa estamos acostumados a que o líder do PP Coruñés se meta onde ninguén o chama, igual que co tema do topónimo, xa que o concello non ten competencias nese eido. Porque o fai? Faino o seu partido como unha proba. Para testar como aceptaría a sociedade una cambio na Lei de Toponimia ou eliminando o día da festa da nosa cultura.  Porque todo o que cheire a Galicia e a galego están empeñados en borralo ou como pouco difuminalo. Isto é o que votou a sociedade galega. Nin mais nin menos.

Advertisements