Etiquetas

Chegou a nova mais agardada do ano. O presidente do estado convocou un adianto electoral para novembro de este ano. É o adecuado?, probablemente si porque os signos de esgotamento do goberno cada día eran mais evidentes e o acoso dos famosos “mercados” a débeda soberana española era moi intenso. Sen embargo a esperpéntica posibilidade dunha aplicación restritiva da LOREG vai provocar a nula incorporación de novas opcións políticas o Congreso abocándonos a unha loita PP – PSOE, formacións que, o meu entender, forman parte dos graves problemas que ten o actual estado español. A situación é a que é pero dentro deste bipartidismo que nos agarda nos próximos meses, que lle convén a Galicia?.

Unha derrota do PSOE pode desembocar na chegada a Galicia do ministro de fomento José Blanco en busca dun retiro dourado. Algo sen dubida negativo pola perda da mínima independencia do PSdeG respecto as teses mais centralistas que defende o señor Blanco, demostrado cunha política de infraestruturas cuxo exemplo mais claro é a construción do AVE con destino único a Madrid. Só ese punto xa demostra unha nula visión das necesidades do país xa que non fai mais que acentuar a dependencia da nosa economía da relación co centro do estado. En vez de fomentar a internacionalización, mais Madrid. Lamentable.

Pasemos o PP. A vitoria da dereita que pronostican case todos os medios de comunicación vai ser terriblemente prexudicial para Galicia. Sobre todo polas políticas de revisión do estado das autonomías que están a defender os populares. Unha perda de autonomía sería o golpe de gracia para un país que está defendendo o seu feito diferencia e que, vistos os resultados de pasadas eleccións, de momento vamos perdendo. Sería positivo un hipotético traslado do presidente Feijoo como ministro a “capital” xa que a falta dun perfil forte no actual goberno de Galicia pode ser decisivo a hora de que o PP perda o goberno. Un goberno PSdeG – BNG sería un mal menor fronte o executivo mais galegofobo que tivemos neste pais.

Hai un terceiro escenario, moito mais hipotético pola cor actual das enquisas, que é unha derrota popular que remate nunha chegada de Rajoy o PPdeG. Improbable polo nulo interese que mostrou este señor por Galicia pese a ter sido membro da administración Fraga, pero a ter en conta pola repercusión que tería. Sería a puntilla para o suposto sector galeguista do PPdeG, agochado con Feijoo é que morrería directamente baixo a dirección de Rajoy.

O cadro completase cunhas perspectivas negativas para o BNG a quen, pese a non estar de acordo con moitas das súas teses, hai que recoñecerlle ser o único representante de Galicia no congreso dos deputados. A perda dos seus representantes pode ser a unha catástrofe para o país debido a incrible situación que sufrimos no que un único partido de esquerdas representa toda opción nacionalista. Sen dubida unha boa mostra do auto odio de boa parte da nosa sociedade cuxo complexo de inferioridade lévaos a preferir o calor do manto dos grandes partidos españois que facilitar  a aparicion de novas opcions ideoloxicas dentro do nacionalismo para o ben común deste país.

En resumo na próxima convocatoria electoral é seguro que Galicia vai saír perdendo. A pregunta é canto.

Advertisements