Etiquetas

Limitada. Está é a mellor definición que se lle pode dar a democracia do estado español. Sempre tiven a sensación de que a participación da sociedade estaba bastante limitada pero os acontecementos dos últimos tempos van mais aló do que pensei nunca.

Partindo da base dun sistema electoral inxusto, baseado na Lei D´Hont que favorece os grandes partidos, atopámonos cunha reforma da LOREX apoiada por PP e PSOE que, a expensas da decisión sobre a súa aplicación que xunta electoral central vai dar en setembro, limita as posibilidades de presentación de formacións pequenas se representación parlamentaria actual o esixirlles o 0,1% do censo electoral de cada circunscrición o que, de facto, é a imposibilidade de presentarse de moitos partidos e limitar a aparición de novas formacións o que é enormemente prexudicial para a boa saúde dunha sociedade.

A maiores estes últimos días os lideres dos dous grandes partidos sorprendéronnos cun acordo para unha reforma da constitución para incluír un teito de gasto para os orzamentos. Non teño nin información nin coñecementos para dar unha opinión sobre a necesidade ou non da citada reforma, pero choca moito o xeito de facela. En pouco mais de quince días, sen referendo e, sobre todo, despois de negarse a reformala en temas que son esenciais para a modernización do estado como é a definición do modelo territorial.

Con todo isto por diante cada día que pasa teño mais clara a sensación de que o sistema  está montado para provocar unha alternancia do PP e o PSOE no goberno repartíndose os anos de poder como se as administracións foran a súa finca particular, algo que xa pasou no estado español, inda que no século XIX e do que se trata é de avanzar cara o futuro, non repetir o pasado.

Quero aproveitar para pedirvos que avaledes a Converxencia XXI para que nos poidamos presentar as proximas eleccions estatais. Podédelo facer na seguinte ligazón:

http://www.converxencia.eu/?p=1316

Advertisements