Etiquetas

Menuda pretempada futbolística levamos. Impagos, concursais, folgas e agora coa primeira xornada de liga en primeira división fíxose publico o que xa se sabia do ano pasado. A LFP é unha liga de dous. Real Madrid e Barcelona arrollan os seus rivais con resultados de escándalo e presupostos e ingresos estratosféricos causados por uns contratos televisivos individuais que parecen non ter teito. O resto dos equipos ven imposible chegar os niveis dos dous grandes e só pelexan do segundo posto para abaixo, restando interese a competición e impedindo que se chegue a ridícula cifra de 10 campións de liga distintos en toda a historia. Casos como o do Deportivo da Coruña, campión na tempada 99/00, semellan utopías no mundo actual, coa conseguinte perda de interese competitivo. A día de hoxe a Premier League e sobre todo a Bundesliga, son competicións moito mais potentes que a chamada “Liga das Estrelas”.

A LFP ten que actuar para que o xoguete non se lle rompa, e ten que actuar con forza superando os intereses partidistas e impedimentos que con seguridade van poñer os equipos que mais ingresan e pensar no ben común da competición propoñendo unha refundación da súa organización. Entre as medidas mais importantes que deberían tomar está, por suposto, un reparto equitativo dos ingresos que produce a competición. Non falo só do contrato televisivo, senón de xestionar ingresos como merchandasing ou publicidade nos campos. Canto pagaría unha marca deportiva (Adidas, Nike, Puma…) por vestir a tódolos equipos membros da LFP?. Ese sería o camiño a seguir, venta conxunta de dereitos e reparto equitativo dos beneficios seguindo unha liña moi simple

  • 50% dos ingresos — A partes iguais entre todos os equipos
  • 40% dos ingresos — A repartir entre todos pero tendo en conta que quen mais xere mais cobra. O exemplo mais claro son os pinchazos do PPV pero podería extrapolarse a venta de merchandasing ou os ingresos pola publicidade dos campos.
  • 2.5% dos ingresos — Para o fondo de garantía salarial dos xogadores
  • 2.5% dos ingresos — Para o fondo de compensación de descenso dos equipos
  • 5% dos ingresos — Para fondos propios da LFP. Que se poden usar para pagar a inxente débeda que arrastran os equipos, potenciación do fútbol base, etc.

Unha LFP que xestione de forma conxunta os contratos de sectores clave pode chegar, con certa comodidade a uns ingresos directos de 1800 ou 2000 millóns de euros, garantindo a viabilidade económica da maioría dos clubs e potenciando o nivel da competición. Porén, o reparto dos ingresos é só unha das necesidades mais urxentes que ten o fútbol profesional. Un control exhaustivo das contas e unha regulación que garanta o bo facer dos clubs en termos económicos, de xeito similar o “fair play” financeiro que está a poñer en marcha a UEFA,  son medidas esencias para que o futuro do fútbol profesional quede garantido. Neste reto deberían involucrarse  LFP, Federación, CSD e AFE traballando para poñer as bases do futuro para unha  liga española acolle diferencias como que o Madrid e o Barça teñan contratos televisivos de 150 millóns de euros e outros equipos non chegan a 10 millóns. David contra Goliaht levado o extremo.

 

Advertisements