Etiquetas

Onte chegoume o derradeiro libro da escritora Jean M. Auel pertencente a serie Os fillos da terra. Remata con este libro unha das coleccións mais apaixonantes sobre a prehistoria europea que vendeu millóns de libros en todo o mundo. Empezarei con el hoxe mesmo.

Con este libro tiven o problema de sempre. Non o hai en galego, ou polo menos eu non o atopei, pero quizais iso sexa o gran problema. Existe pero hai que buscalo. Non vexo que ninguén que queira mercar o libro en castelán teña que facer un traballo previo de búsqueda, mergullándose en librerías e Internet. Lamentable.

O libro en si segue coas vivencias de Ayla, xa na terra dos Zelandonii, e as súas experiencias vitais no seu proceso formativo para converterse en guía espiritual da tribo. Nos outros volumes da colección apreciase un gran traballo de documentación e investigación e as criticas din que este vai polo mesmo camiño. Xa contarei que tal.

Advertisements