Etiquetas

O pasado sábado estiven comendo no restaurante Chef Rivera de Padrón, segundo os entendidos un dos mellores restaurantes de Galicia. Non vou a entrar a discutir tamaña afirmación, unha por falta de coñecementos e outra todo porque eu estaba nunha voda e os resultados culinarios destes eventos, normalmente non pasan do aprobado alto.

É costume que nos eventos culinarios de moitos invitados (que, resumidamente é o que é unha voda) os pratos sexan basicamente os mesmos en case todas partes con pequenas variacións nas presentacións ou no xeito de preparalos. No que concordan todos é que hai que ter cantidade. Comer ata fartar o que, na meirande parte dos casos, evita que poidas saborear os pratos e facerte unha mínima idea sobre se no restaurante en cuestión comese ben ou non. Sen embargo, e sen que sirva de precedente, dos sete pratos que tivo o menú sorprendeume moito o “rape rivera” pola sinxela preparación e o resultado, para min moi rico. Nunha cazola de barro presentan un toro de rape (peixe sapo), previamente pasado pola prancha, acompañado dunhas patacas torneadas e cocidas, ameixas e un pouco de pimentón. Todo cuberto cunha velouté de fumé de peixe e gratinado o forno. Loxicamente sérvese moi quente. Non me lembrei de sacarlle unha foto o prato para que se vexa como queda pero o resultado é espectacular, tanto en presentación como en sabor. Se non estivera no medio dunha enchenta digna de pantagruel este prato, acompañado dun bo albariño ben frío sería escusa mais que suficiente para comer fora da casa.

Nota (só do rape): 8 sobre 10

Advertisements