Etiquetas

É o que, para min, significa a convocatoria das próximas eleccións estatais do vinte de novembro. Un ataque se precedentes a liberdade democrática o limitar a posibilidade de presentación de novas formacións políticas. Hai un tempo escribira un post titulado Democracia limitada no que facía referencia a reforma de LOREX pactada entre PP e PSOE que obriga os partidos que non dispoñen actualmente de representación no congreso dos deputados a obtención, en forma de sinaturas, do 0,1% do censo de cada circuscripcion na que se queiran presentar. A recente resolución da Xunta Electoral Central que confirmaba esta condición e detallaba o procedemento non fixo senón confirmar un feito lamentable. Cal é o obxectivo que se persigue? Cal é o fin?. Moitos poden pensar que é un xeito de evitar que as formacións próximas a ETA presenten candidatura. Para que vale entón o rexistro de partidos do Ministerio do Interior?. Isto non é outra cousa que un intento dos dous grandes de intentar limitar a participación en forma de formacións políticas aumentando o bipartidismo e o control que teñen sobre as administracións. Doe e sorprende especialmente que un partido chamado de esquerdas como o PSOE, fomente este tipo de trabas legais para a pluralidade política, e non fai senón recalcar un “mantra” que sona desde hai tempo na política do estado español. Aquelo de “PSOE, PP a mesma merda é” cobra mais sentido que nunca.

En Galicia a situación é, se pode, mais dramática. O tripartidismo de facto no que vivimos é un cancro mortal para o noso país no que PP e PSOE nos son mais que sucursais dos partidos españois, mais disimulada no caso dos socialistas e o BNG vive nun estado de guerra interna permanente que lle impide traballar con efectividade. A estes tres partidos non lles afectan as novas condicions porque xa forman parte do sistema. Pero como non vai servir de nada laiarse e chorar xa comezou a recollida de sinaturas das diferentes formacións, partidos como Converxencia XXI non se quedan de brazos cruzados e activan os seus recursos para a obtención dos avais indicados e poder presentar candidaturas as próximas eleccións.  Agardo, mellor dito prego que sexan moitas as que acaden os mínimos necesarios. A democracia agradecerao.

Advertisements