Etiquetas

O pasado sábado houbo cena “de colegas” e fomos o restaurante italiano “La mamma romana” da Coruña. Situado no entorno do estadio de Riazor, ten moita sona e hai que reservar previamente para ter mesa porque corres o risco de quedar sen cear.

O abrir a carta atopámonos cunha extensa variedade de pratos, sen dubida demasiados, pero o importante era a compañía e optamos por unha cea sinxela na que pedimos uns entrantes para compartir e un segundo. Imos por partes.

Pedimos de “antipasti” unha táboa de afumados, unhas gambas o allo e uns “provolone”. Os afumados eran un pouco escasos e, ademais de bacallau, o salmón e a troita tiñan tamén uns boquerons e unhas anchoas que non pintaban moito. As gambas eran grandes, abundantes e tiñan o punto xusto e os “provolones” tamén estaban moi ben preparados.

De segundo pedimos entrecot, cada un cunha salsa distinta. Eu optei por unha de allo, bacon e tomate. A carne estaba no seu punto pero a salsa era demasiado forte e tapáballe todo o sabor. Como se pode ver na foto, o entrecot nadaba.

Resumindo a cociña é moi presentable, un aprobado alto, e o trato recibido tamén moi bo. Os pratos en si non eran nada do outro mundo, non saín dicindo: “Teño que voltar a probar o prato X, estaba de vicio” pero supoño que tampouco é o obxectivo do restaurante.

Nota: 6 sobre 10

Advertisements