Etiquetas

O pasado sábado, tivemos unha cea de cumpreanos dunha amiga e foi no Nemo´s Bar de A Coruña. Nunha situación privilexiada como é a zona do náutico no Parrote coruñés situase este local de hostalería que mistura zona de copas con ceas, principalmente para grupos.

Dicir que foi o sitio onde peor me atenderon desde hai anos non é esaxerar. O menú estivo composto de croquetas, empanada de bacallau, luras a romana, zamburiñas con exceso de allo e o que debe ser o prato estrela do sitio (#ironía), trociños de croca con patacas de bolsa. Deixando de lado o menú, as cantidades foron irrisorias, a empanada tiña a cebola crúa, as zamburiñas estaban cubertas de allo e bañadas en limón e a cando deu chegado a croca con patacas de bolsa quedei cos ollos como pratos.

Descoñezo se hai outras variades ou pratos. Pero isto non foi o peor. Vistes que o menú non tiña ningunha complicación. Fritos e empanada. Pois ben entre prato e prato (si, ían de un en un) pasaban tranquilamente quince ou vinte minutos. A velocidade en estado puro vamos. Penso que por un prezo por persoa de  24€ e a falta de calidade na comida, o mínimo esixible é un bo servizo. A maiores a instalación non é outra cousa que unha carpa montada a carón do bar polo que da unha sensación de provisionalidade fora do normal.

Non é o típico sitio o que eu vou a desfrutar dunha comida ou unha cea, e de feito nin tan sequera debería escribir sobre el nunha etiqueta denominada “Restaurantes” pero fagoo por un motivo. Non teño nada que dicir do empresario que se decidiu a investir os seus cartos neste negocio, xa que cada un é libre de facer o que lle veña en gana. Porén, nun enclave privilexiado, con vistas o peirao deportivo en plena zona de paseo da Coruña as licenzas de apertura de negocios que da o Concello deberían ser algo mais esixentes co tipo de negocio que se pretende apertura. Se existira a marca de “Coruña Calidade”, con sitios coma este, veriase gravemente afectada.

Nota: 2 sobre 10

Advertisements