Etiquetas

Onte a noite tiven a miña primeira experiencia coa comida xaponesa. Fomos cear na Coruña o Shouri, restaurante xaponés que se atopa no centro comercial “Los Cantones Village”. Supoño que como moita xente probara a comida china (ou o que aquí nos dan como tal) en varias ocasións e sempre tivera curiosidade pola comida xaponesa. Peixe cru? Que mo expliquen.

Na carta descubrín que a gastronomía nipona é moito mais que arroz, peixe cru e algas. O caso é que como auténticos ignorantes na materia pedimos un menú degustación, para dúas persoas con vario pratos para probar. Podo dicir que o resultado foi mais que positivo. O menú incluia

  • Roliño da casa — Gambas envoltas nunha pasta moi fina (similar a pasta filo) e fritas. Acompañanse dunha salsa espesa e de cor rosacea e de sabor doce.
  • Tempura Maki– Feito de xeito similar o que todos entendemos por Sushi. Un rolo de arroz con peixe e aguacate.
  • Yakisoba — Uns tallarins fritos con verduras e gambas
  • Polo frito con sésamo — Literal. É polo recuberto de sésamo.
  • Brochetas variadas — De polo, peixe e verduras. Non tiñan nada de especial

Tempura Maki

O mellor de todo foi a tempura Maki, riquisima tanto soa como mollada lixeiramente en salsa de soxa. É un sabor distinto pero delicioso que non deixa indiferente. En canto o restaurante en si podo dicir que está moi ben. Amplo, nada recargado e cun persoal moi atento. Localizado non porto da Coruña, a súa situacion é envidiable, e pese a situarse nun centro comercial a terraza e as vistas limitan este único lunar que lle vexo. A verdade é que non houbo nada que se puidera considerar negativo. Quedei con ganas de ver como funcionan os tepanyakis, que chamáronme moito a atención. Son unhas enormes pranchas de cociña con asentos o arredor. Comes onde che preparan os pratos. Voltarei para probar.

 

 

 

 

 

 

 

Nota: Sen puntuar. Normalmente neste tipo de post, póñolle unha nota o restaurante segundo a miña opinión. Neste caso non o vou facer por un motivo. A comida encantoume pero non teño nin idea se o que comín é o que se debe agardar nun restaurante xaponés. Por iso non podo darlle nota a algo que descoñezo. Inda así, si que recomendaría ir polo diferente do local e da comida.

Roliños da casa.

Polo frito con sésamo

Advertisements