Etiquetas

A historia de Galicia é tan complexa como ignorada. Pouca xente sabe por exemplo que acabamos de pasar o 1600 aniversario da fundación do Reino de Galicia, a entidade política post-romana mais antiga de Europa ou que en toda a historiografía árabe presentase ata ben entrado o século XI como Reis de Galicia os monarcas cos que trataban os reinos musulmáns que existiron na península ibérica ata o século XV. A partir de principios do século XI co aumento do poder da nobreza castelán a coroa galega quedou integrada no trono leones mais o territorio do Reino de Galicia mantivose independente, baixo o ferreo control da nobreza autoctona ata o século XV.

É coa chegada de Isabel a Católica a coroa de Castela cando prodúcense os feitos que acabaran coa independencia do país pese o seu mantemento nominal como entidade política ata o século XIX. A guerra pola coroa desatouse en 1474 trala morte do Rei Henrique, entre a futura raíña, Isabel, e a lexitima herdeira e filla do monarca falecido Xoana a Beltranexa. A nobreza galega dividiuse entre os dous bandos pero coa vitoria das Coroas de Castela e Aragón (unidas polo matrimonio dos coñecidos coma Reis Católicos) moitos nobres galegos que apoiaran a Isabel empezaron a sufrir o férreo control o que se que querían someter os seus reinos. É aquí onde comeza a estenderse a sombra por riba da cultura e a lingua propias de Galicia e os ataques a súa independencia económica.

O proceso de unificación política e cultural que implantaron os monarcas tivo varias actuacións encamiñadas a controlar o reino e evitar posibles tentativas de sublevación.

No ámbito cultural.

  • Prohibición de escribir, falar, rezar e empregar publicamente o idioma galego pasando a ser obrigatorio que toda a documentación sexa en castelán.
  • Integración dos mosteiros galegos nas congregacións de Castela que tendo en conta que era no mosteiros onde se potenciaba a cultura era como anular por completo a cultura e lingua galegas.

No ámbito político

  • Nomeamento dun capitán xeral que gobernara o reino coa obrigatoriedade de que fora non nado en Galicia.
  • Eliminación da nobreza galega traspasando os seus títulos e propiedades a nobres casteláns.
  • Eliminación do voto do Reino na corte de Castela sendo ese dereito exercido pola cidade de Zamora.

No ambito economico

  • Prohibición do cultivo dos olivos sendo eliminados os existentes en favor dos campos do sur da península. Neste tempo o aceite galego tiña unha gran sona e era moi demandado o norte de Europa
  • Prohibición do comercio co norte de Europa, inda que posteriormente restaurado e substituído pola prohibición do comercio directo con América

Con estas medidas e apoiadas nun férreo control militar comezou a integración forzosa de Galicia no que a principios do século XIX se converteu oficialmente no estado español. Escribo isto pola polémica da semana pasada na que o señor Peces-Barba despotricou barbaridades sobre a sublevación simultánea no tempo dos territorios de Cataluña e Portugal dando a entender que España era un ente superior que tivo que loitar pola súa unidade . Pois ben o Reino de Galicia foi o ente dominante da política Iberica durante moitos séculos e só un perfecto traballo de eliminación provocou o ocultamento da nosa historia e posterior manipulación por parte da historiografía da corte.

Galicia ten historia, non a esquezamos.

Advertisements