Etiquetas

Esta semana é especial. Despois de moito tempo volvese xogar o derbi galego. Un Deportivo-Celta é a máxima expresión do noso fútbol e sexa en primeira, segunda ou outra categoría sempre é un partido especial e de alto voltaxe. Chegamos a este partido despois do traumático descenso de Deportivo o ano pasado e da impresionante resposta do deportivismo, fiel como poucos, que superou tódalas expectativas pulverizando récords de asistencia e altas de socios. Se fora por apoio o Deportivo sería claro vencedor contra tódolos equipos de segunda e una gran parte dos de primeira, pero a bancada non xoga inda que pode influír moito.

O Celta chega despois dunha xeira de resultados positiva, 12 de 12 nos últimos catro partidos, que fai que en Vigo vexan o partido con optimismo. Na Coruña, en cambio, as cousas non van todo o ben que se desexaría, sexa por un exceso de optimismo o comezo da campaña ou por falla de realismo a hora de valorar a dificultade da categoría. O caso é que o Deportivo chega o gran partido do ano fora dos postos de ascenso e con criticas o xogo. Deberiamos ser pesimistas? Non. Nin para o derbi nin para o resto da tempada.

No derbi vai influír moito a presión da bancada. Un Riazor a rebentar, nun partido tan especial vai espolear os xogadores dando o mellor que teñen. Estou convencido. O resultado xa será outra cousa porque o fútbol é impredecible pero teremos garantida intensidade e concentración. Eu aposto pola vitoria do Depor.

Para o resto da tempada non quero pecar de optimista pero non vexo a botella media baleira como moita xente. Somos moi dados a levar as cousas o extremo sen pararnos a analizar as causas e as circunstancias dos feitos pero se nos paramos a botar un ollo pódese ver as cousas doutro xeito. O Deportivo está sétimo con vinte puntos o que faría unha media a final de temporada de 70. Tomando como referencia o curso anterior falaríamos do terceiro posto, que da dereito a xogar a promoción de ascenso e tres postos por enriba do noso rival do domingo que só foi sexto. Todo isto sen xogar ben e minguados por unha serie de baixas importantes da que estamos empezando a saír, en proceso de adaptación a categoría e un novo adestrador e coa tremenda responsabilidade que supón a obriga de ter que levar o equipo de volta a primeira como sexa. A pouco que se mellore, as prestacións do equipo subiran…e moito. Así que vexo as cousas con moderado optimismo.

Unha última cousa respecto o domingo. Nos que vivimos nun pais cunha autoestima realmente baixa e cun importante complexo de inferioridade como sociedade, temos a oportunidade de mostrar outro estereotipo de Galicia. Lémbrome dun derbi, hai anos, no que os dous equipos saíron en Riazor levando unha enorme bandeira galega. Gran imaxe.

Agardo ver algo similar este ano, e que gañe o Depor claro

Advertisements