Etiquetas

O próximo 20N temos unha cita coas urnas para elixir goberno do estado. Cunha crise económica de dimensións descoñecidas, todo o mundo da por feito que é necesario un cambio, un xiro que permita que a maquinaria volva funcionar.Non se vai conseguir e explico por que. Ese cambio estase configurando e confiando nun goberno do PP cunha mais que probable maioría absoluta pero a crise que sufre o estado español é moito mais profunda que en Alemaña ou Francia debido o grave problema estrutural que sufre. Un problema de estrutura económica si, pero tamén de estrutura de estado. Vou poñer un exemplo.

Se unha maquina non funciona ben cambiase a peza afectada e volve poñerse en marcha. Poren,  cando esa maquinaria é vella, non chega con mudar a peza que provoca o fallo. Compre unha limpeza  e revisión de todo o engrenaxe para garantir que esa maquina poida seguir funcionando moitos anos mais xa que, de non facelo, chegará un momento no que substituír unha peza por outra será insuficiente.

Actualmente as únicas pezas que se mudan son os partidos políticos mentres que organización territorial, xustiza, educación, descentralización…son pezas que nin se substituín nin se lles fai o mantemento, polo que é lóxico que a maquina non funcione.

Non deberíamos agardar moito mais en chamar o servizo técnico porque corremos o risco de que a maquina escache…e non temos cartos para mercar unha nova.

Advertisements