Etiquetas

De cea que nos fomos o sábado a Taberna O Secreto na rúa alameda da Coruña e saín moi contento. Primeiro porque o comedor está no que era o vello bar Parrus onde pasaron tantas historias e celebrei tantas victorias do Depor. E segundo porque non fora nunca a este establecemento e foi unha gran idea. O local engana de principio. Catro mesas na rúa e un par delas no interior da taberna, un espazo pequeno apto para tomar os viños e pouco mais. Sen embargo, a parte de atras é moi amplia con varias mesas con bo sitio igual que o comedor do soto, ideal para ceas de grupo moi amplo e nada asfixiante como é habitual nos comedores situados en baixos.

De menú pedimos picoteo. O menú degustación por 25€ é completo e variado componse de

Taboa de Ibericos

Sapitos

 

 

 

 

 

  • Taboa de ibericos — Abundante. Xamón, salchichón, chourizo, lomo, queixo…e a maiores cabracho e uns poucos afumados (salmón, palometa)
  • Croquetas – De xamón, moi boas
  • Luras – A romana, sen nada especial
  • Zamburiñas — O forno e con cebola. Moi ben preparadas. O habitual é que a cebola quede crúa e estrague o marisco, neste caso moi ben cociñada.
  • Sapitos — Anacos de peixe sapo rebozados e acompañados de arroz en branco e unha salsa de pimenton. Un descubrimento.
  • Delicias de ternera — No sinxelo soe estar o acerto. Ternera con patacas e pementos. Un clásico que non falla.

A maiores boteille un ollo a carta, que é completa e variada, e conta con pratos tan interesantes como Mexillóns en salsa de vieiras ou Bacallau con fritada de verduras. Prometo volver para probalos. O mellor como único “pero” podo nomear o tempo de espera entre prato e prato. Para unha cea de racións fíxose un pouco longo pero resulta entendible porque estaba completamente cheo. Quitando isto hai que dicir que o trato do persoal foi moi bo.

Resumindo, para tomar unhas racións ou unha cea mais elaboradas resultou ser un sitio mais que recomendable.

Nota: 7 sobre 10

PD: A caña non facía “o rosario”. Un erro doado de arranxar. Comprobareino a próxima vez que vaia.

Advertisements