Etiquetas

,

Quedan catro días para que acudamos as urnas a escoller os deputados para o congreso para os próximos catro anos. Todo parece indicar que o PP vai arrasar con todo cabalgando sobre unha histórica maioría absoluta que tódalas enquisas anuncian. Despexada a incógnita da próxima presidencia do estado, eu, que sempre voto en clave galega, teño que decidir por quen facelo e fareino por Converxencia XXI. Fareino por dous motivos principais.

Primeiro porque é unha nova opción. Novas ideas en beneficio do país. Agora que as circunstancias demostran que non hai tanta diferencia entre esquerda e dereita, que as súas ideas están esgotadas e fora de tempo, compre presentar novas opcións, novas ideas de xestión que busquen o benestar da sociedade e a potenciación de Galicia económica e identitariamente. Converxencia representa eses novos tempos polos que loitar, desde Galicia, para Galicia e coa cabeza alta. Fuxindo de caciquismos e vellos estereotipos políticos tan comúns neste pais como o tan coñecido “ti vai facendo” que tan ben practican os partidos representados no Hórreo.

Segundo por saúde política. Partindo da base de que os partidos españois que actúan en Galicia funcionan como sucursais “coloniais” das centrais estatais, os intereses deste pais só están defendidos por unha opción de esquerdas, BNG. Tan valida coma calquera outra, pero claramente insuficiente para ter unha verdadeira política nacional e un arco ideolóxico completo que presente variedade de opcións o electorado deste pais sen ter que recorrer a partidos españois que xa demostraron que Galicia non está entre os seus intereses.

Converxencia representa o centro nacionalista desde unha óptica social liberal na que teñan cabida os electores que non se senten representados polas opcións ideolóxicas tradicionais. Despois de moitos anos cunha única opción nacionalista, e xusto cando as esixencias para presentar candidaturas foron mais duras que nunca coa necesidade de avais do 0,1% do censo de cada circunscricións, Converxencia fai unha demostracion de forza e compromiso presentando candidaturas polas catro circunscricións do pais.

Mais autogoberno, acadar autonomía fiscal, acadar unha autentica reorganización territorial de Galicia ou unha reforma educativa que aposte por mais autonomía para os centros despolitizando a educación son algunhas das propostas programáticas de Converxencia XXI. Mais Galicia para garantir o futuro.

Para o 20-N eu vou a votar en clave galega e escollo a forza das novas ideas

Advertisements