Etiquetas

O Deportivo convocou a Xunta de Accionistas de 2011 para o 22 e 23 do próximo mes de Decembro. As, datas, aínda que habituais, non deixan de ser moi incomodas para a xente decida participar no único órgano de control a xestión da xunta directiva encabeza por Lendoiro. O sistema de convocatoria para a Xunta ven sendo así desde que o Deportivo converteuse en S.A.D nos anos 90 do século pasado e é parte do sistema de control do accionariado por parte do presidente. As xuntas de accionistas, salvo escasisimas excepcións, son unha balsa de aceite para Don Augusto que entre outras cousas, por mor do sistema de convocatoria, ten garantida a maioría accionarial. Como? Moi simple.

Noutro post “Lendoiro e o Deportivo” xa falei do inútil que era pedir a dimisión do presidente mentres tivera o control das accións da S.A.D, pero non dixen nada sobre como exerce ese control (ou sobre como creo eu que o fai). Tódolos accionistas reciben unha carta do club convocándoo a xunta sempre e cando teña a representación de dúas accións (propias ou delegadas). Ata aquí todo ben porque case todos os miles de accionistas do Deportivo teñen dúas accións. Na mesma carta dáse a posibilidade de que, no caso de non asistir, delegue o voto das súas accións noutro accionista cubrindo uns simples datos e reenviando o documento nun sobre adxunto e con franqueo pagado. O caso é que, de non delegar e non asistir, indicase claramente que o teu voto pasa a ser favorable a xestión da xunta directiva. Con este simple mecanismo xa está asegurada a maioría. O positivo de que o capital social do club estea repartido entre miles de seareiros convertese nunha ferramenta de férreo control sobre o accionariado.

O caso é que isto mesmo pódese empregar para que os donos do club, os seus accionistas, teñan unha maior presenza nestas xuntas con algo tan sinxelo como a delegación de accións. So fai falla que alguén faga de coordinador para recoller a representación das mesmas e poder acudir as asambleas sen ser simples figurantes. Quen? Na miña opinión a Federación de Peñas do Deportivo é a indicada. Exercería de coordinadora das accións dos peñistas que quixeran delegar nela e os seus representantes acudirían a Xunta de accionistas en representación dunha importante masa social. Non falo dunha delegación temporal para unha única asamblea, iso xa se intentou hai uns anos, aparentemente organizado por un medio de comunicación local e non deu resultado. Falo dunha delegación permanente da representación accionarial a quen debería ser a voz desa parte dos seareiros que se mostran mais activos como son os membros das mais de duascentas peñas que ten o Deportivo espalladas polo mundo.

Moitas veces temos criticado, eu o primeiro, o poder absoluto do que fai gala Lendoiro dentro do Deportivo. Sen embargo as posibilidades para que os accionistas teñan maior visibilidade e representación están ai e os que teñen a posibilidade de coordinar ese capital non o fan.

Tamén teremos que preguntarnos porqué.

Advertisements