Etiquetas

Bo resultado o do Depor onte en Pucela. Certo que non se xogou vistoso nin fluído, pero foi un partido moi serio, de moito traballo e fronte o que, para min e ata o momento, foi o mellor equipo o que nos enfrontamos na súa casa. É certo que por momentos sufrimos, pero é que non xogabamos contra un equipo de metade da clasificación senón contra un firme candidato o ascenso, que xa o ano pasado estivo a piques de subir.

O Deportivo empezou ben, presionando arriba e ben plantado na liña defensiva pero pouco a pouco foi deixando a iniciativa o rival que se achegaba con certa facilidade polo medio, grazas a que os nosos, Alex e J.Dominguez, recuaban en exceso deixando moitos metros libres polos que os xogadores pucelanos avanzaban en liña recta e sen impedimentos ata case o borde da área de Aranzubia. Aínda así tivemos algunha ocasión a balón parado pero sobre todo unha moi clara de Valeron que, na área pequena non chegou por pouco o balón. A mellor para os pucelanos foi un barullo na área deportivista que rematou Sisi o longueiro cando tiña todo para marcar.

O segundo tempo foi diferente, cun Valladolid mellor asentado no campo e lanzado o ataque o Deportivo sufriu pero soubo manter, en liñas xerais, unha orde e intensidade defensiva que lles facía manterse no partido. Xogada clave foi o gol anulado o Valladolid no minuto 8 do primeiro tempo. Unha magnifica xogada cun cambio de banda milimétrico e un centro o segundo pau igual de preciso. Un erro do arbitro anulalo porque non existía fora de xogo. Soubo sufrir o Depor e pouco a pouco foise soltando ata o punto de que tivo unha gran ocasión de Colotto nun córner rematado o pau e unha falta de entendemento entre Salomao e Lassad dentro da área que ben puido ser o gol da vitoria xa en tempo de desconto.

Un bo punto que pode ser magnifico se conseguimos gañar o Numancia en Riazor a próxima xornada onde Almería, Elche, Córdoba e Valladolid xogan fora da casa, sendo os pucelanos os que mais nos poden beneficiar xa que xogan contra outro dos nosos rivais directos, o líder Hércules.

Hai moitas semanas que dixen que seriamos líderes entre a xornada 15 e 20. Acaba de pasar a 16 e estamos a 3 do ascenso directo e a 5 do líder. Sigo mantendo a miña aposta

En positivo: Destacar o magnifico traballo dos centrais e de Andrés Guardado. O wey é un exemplo, partido a partido, de compromiso e implicación. Non vou dicir nada do deportivismo porque estou farto de mirarnos o ombligo tódolos días pero…ENORME

En negativo: Sinto devoción polos xogadores da casa pero onte, mal que me pese, o partido de Alex e J.Dominguez foi moi discreto. Moito de correr pero con pouco sentido e deixando moito campo libre o rival. Caso aparte é Ayoze. Non aporta en ataque e sufre o indicible en defensa. Un posto a reforzar sen dubida ningunha.

Advertisements