Etiquetas

Moitas voltas din a semana pasada sobre un novo post para o blog. Foron moitas as conversas que tiven con moita xente e de temas diversos e o final decateime do que pasaba. Tiven moitas horas libres, nas que normalmente debería estar traballando. O impresionante acueduto de festivos que tivemos a semana pasada provocou que, dos meus interlocutores habituais na oficina, non quedara nin o primeiro. É como se nas grandes compañías aseguradoras coas que traballa a miña empresa pecharan durante toda a semana. Extrapolando isto a todo o sistema empresarial do estado, canto custou, en termos de produtividade, que se ralentizara ata o mínimo a actividade económica?. Os xornais económicos e de negocios falan de mais de mil millóns de euros. Unha autentica barbaridade.

Porqué temos que parar todo por ser “San” algo ou algunha outra festa relixiosa?. Na miña opinión, como traballador, sería moito mais efectivo que todos eses festivos que temos o largo do ano, se eliminaran e se xuntaran as vacacións de cada un para poder dispoñer deses días como nos veña mellor. Deixaría unicamente como festivo real o Día da Constitución e o día de cada autonomía (Día Nacional de Galicia no noso caso).

Os traballadores non perderíamos dereitos e as empresas non perderían produtividade, ademais de rachar un pouco a xigantesca influencia que ten a relixión católica sobre o día a día do estado. Algo que considero anacrónico e digno das sociedades mais subdesenvolvidas do planeta.

Advertisements