Etiquetas

Tiña que escoller un tema para esta semana pero non andaba coa cabeza en condicions de darlle voltas a actualidade así que optei por falarvos un pouco dun aparatiño que me trouxeron os Reis Magos e que me ten embobado desde o 6 de xaneiro.

Tratase do Web:Tv da compañía galega Blusens. É un pequeno dispositivo, con interfaz dispoñible en galego, que fai posible conectar, vía Wifi ou Ethernet, a television a Internet accedendo a unha morea de canles de Tv e radio que emiten on-line. Conta tamén con decodificador TDT HD o que nos permite usar a funcion timeshift para parar calquera emision de TDT e recuperala despois ou incluso grabar nun dispositivo externo USB a emision dunha canle mentres desfrutamos de outra. Ademais, Blusens conta cun servizo de Videoclub de pago, bastante economico, ainda que algo limitado polo momento.

Sen embargo o mellor de todo para mín non é o dito anteriormente senón o sistema de widgets. Aplicacions desenroladas por usuarios e pola propia empresa e que permiten acceder a contidos concretos como pode ser Megaupload, Series Yonkis, etc… Isto permite que desde o Tv poidamos acceder a infinidade de contidos que ata o de agora tiñamos limitados o ordenar e de querer velos na Tv tiñamos que conectar o pc ou portatil a Tv para que se vexa o contido na pantalla…Un rollo.

Ademais, según a empresa, o desenrolo do dispositivo e das suas aplicacions non fixo mais que comezar polo que se agardan importantes novedades que amplien a súa utilidade.

Innovacions deste estilo están destinadas a mudar os habitos de consumo audiovisuais. Eu estou encantado, co aparallo e con que sexa dunha empresa galega.

Apple Tv, what´s this?

Advertisements