Etiquetas

Parece que o tema da reforma laboral no estado español o final vaise resolver por decretazo e sen consenso porque os sindicatos e a patronal non son quen de chegar a acordos que satisfagan a todos. E eu preguntome, é realmente tan complexo?

Imos por partes. Creo que todos estaremos de acordo en que un sistema laboral con case 40 tipos de contrato é pouco operativo e totalmente arcaico. Tamén concordaremos en que unha indemnizacion por despido de dez días como pide a patronal é unha burrada (case prefiro dez latigazos). E por último hai que ter en conta o fomento do emprego nos sectores con mais risco (xovenes, maiores de 45 anos, parados de longa duracion, etc). Todas estas premisas defendidas por uns e outros impiden que se chegue a un acordo e ai seguimos coa economia parada e case cinco millons de parados (isto merece outra reflexion pero non vai tocar hoxe).

Ben, pois con todo isto a min, que non son nin experto nin entendido na materia, ocurreseme que se podia acadar unha reforma laboral que cuidara os aspectos que mencionei anteriormente. Tería varios puntos clave:

  • Contrato único — Rematamos coa inxente diversidade de contratos actuais que non fan mais que fomentar o traballo ilegal e a desproteccion dos traballadores. Rematariase, por exemplo, cos insultantes traballos “de becario”.
  • Indemnizacion por despido — Sería progresiva aumentando en base a antiguidade. Empezaríase cun minimo, (10 días por exemplo) e iria aumentando progresivamente ata os 40/45 días a medida que avanzan os anos de durancion do contrato.
  • Fomento da contratacion — Para favorecer a contratacion dos colectivos chamados de risco implementariase un sistema de exencions, tamén progresivas, nas cotizacions que a empresa paga por cada empleado a fin de que se vexa beneficiada por contratar traballadores cunhas caracteristicas que dificulta a sua incorporacion o mercado laboral

Seguindo teoria que expoño terían que convivir durante un tempo os sistema laboral actual e o novo pero poderíanse aplicar as mismas exencions nas cotizacions para fomentar a transformacion de contratos, previo acordo entre traballador e empresario. Por suposto o traballador deberia ter tamén algunha compensacion polo cambio das condicions do seu contrato que fomentaran o seu interese no cambio.

Todo isto complementariase cunha reforma do INEM (Servizo galego de emprego, en Galicia) para que actuara como mediador na resolucion dos conflictos laborais, sendo aceptado por patronal e sindicatos como autoridade maxima co fin de evitar a xudicializacion de hipoteticas denuncias laborais.

Nestes temas todo o mundo ten que ceder un pouco. Nin se trata de que resulte imposible despedir a un traballador nin se trata de que se poida botar a alguen a rúa sen contraprestacion de ningun tipo. Creo sinceramente que neste tema a maior parte de culpa de porque non se chegou a un acordo e que a postura da patronal non é razonable. Pretender aproveitarse da crise actual para reducir a calidade das condicions dos traballadores vexoo rastrero e propio de sistemas laborais terceiromundistas. Repito que non son nin un experto nin teño coñecementos sobre a materia pero as condicions que expuxen vexoas, como traballador, factibles e que garanten a proteccion das condicions laborais, ademais de favorecer a contratacion por parte dos empresarios. 

Estarei trabucado?

Advertisements