Etiquetas

Inmediatamente despois de que o pasado mes de Maio viviramos un dos peores momentos das nosas vidas como deportivistas, instaurouse en todos os ambitos que rodean o club un único obxectivo, o ascenso. Deuse paso a unha pretempada ilusionante e un proxecto solido coa base dunha masa social sobre a que xa se remataron os calificativos.

Lideres, con 42 ptos. 13 partidos gañados, 3 empatados e 5 perdidos. Extrapolando os datos, estariamos nunha media de 84 puntos que deberian ser abondo para o ascenso directo e, probablemente, para ser primeiros. Son varias as claves que, na miña opinion, están detras destes bos datos

  • Plantel — Temos un dos planteis mais completos do campeonato. O esforzo do Club mantendo unha columna vertebral importante é unha das claves para o bo papel que estamos tendo. So vexo unha única carencia no equipo, e é o lateral esquerdo. Morel non conta nin para o tecnico nin para o club e Ayoze non está dando o nivel que se presumia podia dar.
  • Directiva — A directiva deixou claro desde o primeiro día que o único que se valoraba era o ascenso. E se pode ser de primeiro mellor que de segundo. Punto. Esta claridade nos obxetivos evitou hipoteticas divagacions en todos os estamentos do club e permitiu, desde o minuto 1, traballar na direccion adecuada.
  • Oltra — Moito pensei neste punto porqué non deixa de ser polemico, pero o papel do adestrador vexoo fundamental na traxectoria do equipo. Principalmente en dous aspectos. 1) O Deportivo viña dun último ano con Lotina realmente complicado no futbolistico e, din os rumores, que tamen no animo do vestiario. A directiva non permitiu unha desbandada de xogadores e mantivo un bloque que no ano anterior non dera o nivel que se lle presupoñia ata consumar o descenso. E é aqui onde vexo un dos grandes meritos do mister e que creo non se lle está dando o valor adecuado. Mais da metade do equipo actual estaba cando descendemos. Do once tipo que saca Oltra todalas semanas, oito xogadores sufriron o descenso pero non se deu un previsible golpe moral no equipo, o contrario. Desde a primeira xornada e a pesar dos atrancos extradeportivos (inhabilitacion do mister) o equipo deu mostras de fortaleza mental sobrepoñendose as dificultades da adaptacion a unha categoria moi distinta a que estaban acostumados, e cando viñeron mal dadas (Alcorcon, Alcoi, Cartaxena) o corpo tecnico afianzou mais se cabe a confianza nunha aposta futbolistica concreta. Isto para min é fundamental. Reafirma a confianza dos xogadores nun concepto claro e marca diferencias na xestion do vestiario respecto a bandazos pasados. 2) O criterio futbolistico do mister. Cos seus defectos Oltra demostrou que non se casa con ninguén. Foi probando ata atopar o once tipo e non tivo reparos en deixar no ostracismo a xogadores como Jesus Vazquez, Aythami ou Salomao, indiscutibles nas primeiras xornadas, e incluso Valerón quedou sen xogar nos partidos que o creu convinte. Este tipo de decisions demostranlle a xente que non ten xogadores fetiche e que xogaran os que el crea mellor.

Se quedaba algun esceptico sobre a dificultade desta segunda division creo que, vendo a primeira volta, deberian quedar disipadas todalas dubidas. Sen embargo ainda hoxe hai quen cre que deberiamos arrasar en cada partido e ve nas dificultades que tivemos para chegar a estes 42 puntos unha debilidade. Eu penso o reves, a superacion desas dificultades demostra a fortaleza deste equipo. Todo é opinable. O final, o realmente importante é que a situacion do equipo está na direccion correcta e que, no obxectivo da volta a elite, xa levamos a metade do camiño percorrido.

Advertisements