Etiquetas

,

Levaba algúns días sen escribir no blog, o compromiso comigo mesmo de escribir unha vez por semana estáseme demostrando bastante complicado ben por falta de tempo ben por falta de temas nos que considere podo ter unha opinión minimamente formada sen caer no grave defecto de converterme nun opinatodo. Sen embargo, a situación actual do nacionalismo, dáme a oportunidade de contarvos o que penso sobre o que se podería facer para que a clase política de Galicia se converta na clase política galega. Empezo

Superado o pasado congreso do BNG no que se confirmou unha  liña de continuidade coa anterior dirección política do partido referente do nacionalismo galego, empezáronse a dar diversos movementos que fan prever unha división na fronte nacionalista. Irmandiños, +Galiza ou PNG son algúns dos partidos que en próximas datas decidirán a súa continuidade dentro do BNG.

Correse o risco dunha fragmentación do voto nacionalista que deixe o campo ainda mais despexado as sucursais dos principais partidos españois que actúan en Galicia como son o PP e o PSOE. O risco é real e seriamos uns necios de negalo pero eu vexo tamén unha gran oportunidade. A creación do BNG foi un hito histórico na política galega e a súa función foi esencial no artellamento e fortalecemento dunha visión en clave de pais da política. Sen embargo a sociedade actual reclama novos modelos ideoloxicos nos que a defensa de Galicia sexa a pedra angular, pero non única dun partido político. A sociedade reclama poder votar en clave galega pero tendo diversidade de opcions ideoloxicas e na hipotetica saida do BNG de varios dos seus partidos é onde vexo unha gran oportunidade de artellar un arco ideoloxico en clave galega que dote a sociedade de representación política con base en Galicia pero desde distintas perspectivas ideoloxicas.

O ruxe ruxe das redes sociais orientase os movementos que parece que se están producindo para crear unha nova formación de centro pero, a marxe disto, creo que se podería dar un paso mais. Existen no panorama político actual varios partidos políticos con escaso peso ou representación que poderían dar un paso adiante. Non sería adecuada unha coalición ou nova fronte política porque sería repetir erros que xa vimos que non funcionan, pero hai outras opcions.
Un congreso multipartidista onde acudirán todalos partidos galegos que actúan fora da fronte, e do que deberían sair unha ou duas formacions políticas novas que fagociten a actual sopa de letras do nacionalismo alleo o Bloque. Para isto sería necesario deixar de lado personalismos que non levan a ningures e abandonar a complaciencia de minicotas de poder ou protagonismo para dar paso a unha verdadeira altura de miras que se poña o servizo da sociedade e da economía galega.

O único xeito de que este país avance e que se poida defender por si mesmo é aproveitando o máximo as institucions das que dispoñemos e isto non sucederá ata que os cidadans poidan optar pola opción ideoloxica coa que se sintan mais identificados sen ter que recurrir obligatoriamente a partidos que teñen a base de decisión fora de Galicia.

Advertisements