Etiquetas

,

Volveu esta semana a escena a eterna polémica en Galicia sobre o sistema aeroportuario deste pais. Volveu grazas a a petición do alcalde de Compostela dunha conexión de AVE para Lavacolla e da nova política de gasto (non se pode definir doutro xeito) do Goberno de Galicia que vai facer un mix, mantendo subvencionadas trece rutas en Lavacolla e facendo gasto de publicidade en Peinador e Alvedro. Unha tolería.

Xa escribín un par de post sobre este tema Aeroportos un novo despilfarro e Galicia, cidade de vacacions nos que deixaba, creo, bastante clara a miña opinión o respecto. Un aeroporto central en Lavacolla, iso si, con conexión ferroviaria co eixo atlántico para que os intereses dos cidadans e das cidades afectadas non se viran danados. Sen embargo, o que para min é algo tremendamente lóxico, non o percibo igual en moita xente así que decidín facer unha pequena enquisa sobre a cuestión.

Moitas grazas por participar

Advertisements