Etiquetas

,

Como sabedes hai un par de meses que teño na casa o Web:Tv de Blusens, o aparato da coñecida marca galega de tecnoloxía que permite a conexión e aproveitamento de Internet na túa televisión. Ben, despois do peche de Megaupload o sistema de visionado de películas veuse un pouco afectado…bueno, moi afectado e o aproveitamento do cacharro deixeino un pouco de lado.

Este fin de semana pasado estiven un pouco enfermo na casa e aproveitando que xa estaba dispoñible a actualización periódica do aparato púxenme a remexer nas distintas opcións que tiña e probei dúas, a gravación e o vídeo club.

A gravación permíteche desde a Guía de TV programar calquera gravación de calquera programa mentres ti ves outra cousa. Esta opción moi útil por exemplo se madrugades e non vos queredes pasar ata as doce da noite vendo unha serie, como é o meu caso.

O tema do Vídeo club era mais difícil de aproveitar. Tendo aplicacións como Megaupload, Series Yonkies ou Series y Pelis non vía necesidade de darme de alta no vídeo club online que trae o Web:Tv e que é de Cineclick. Fíxeno esta semana e a verdade é que moi contento. Hai que ter en conta que non é algo que uses tódolos días. Barato é, pero hai que pagar. Unha media de 2,5€ por peli e con títulos bastante novos. Por exemplo o outro día vimos No habra paz para los malvados, que mais ala da calidade da peli é un titulo moi recente.

Así que volvemos ter o cacharro a pleno rendemento. Seguiremos informando das melloras.

Advertisements