Etiquetas

Terrible o sucedido este fin de semana no noso pais. As Fragas do Eume, a xoia do noso patrimonio natural, arden vítima dun lume probablemente intencionado. Chama a atención que o lume xurdira nunha zona na que se paralizou unha mina a ceo aberto pese a que o Goberno de Galicia a autorizara, chama moito a atencion que se fagan declaracións cheas de indignación nas que se fala de investigar as causas ata as últimas consecuencias, e digo que chama a atencion porque foi o goberno do presidente Feijoo o que recortou os medios de extinción pero sobre todo é o goberno que eliminou as tarefas de prevención e que eliminou a limpeza dos montes convertendo a natureza galega nun autentico polvorin, ou o que no medio dunha seca que non se lembraba cunha climatoloxía mais propia doutras zonas da península, tiña sen activar os protocolos de emerxencia por lume.

Pero o peor non o vexo aí. Se o señor Feijoo xa se mostrara como un dos meirandes inimigos da identidade galega afondando profundamente na súa “regionalizacion” vexo moito mais grave a docilidade coa que a sociedade galega acepta as cousas dándoas por inevitables. Aceptamos recortes en servizos, ataques salvaxes contra o idioma e a cultura, despilfarros e corrupción como se non existira alternativa e tiveramos que camiñar con paso firme cara a autodestruccion como sociedade diferenciada.

Foi Henrique Monteagudo o que dixo estes días que probablemente xa naceu a derradeira xeración con certa conciencia e lembranzas do que foi Galicia, tanto en temas identitarios, como de cultura, lingua ou natureza. Camiñamos cara o noso particular armagedon. Agardo que se trabuque

Advertisements