Etiquetas

Xa está aqui a semana de paixon galaica. Chegamos o clásico lideres intratables, con velocidade de cruceiro rumbo a recuperar o que nunca se tivo que perder. Pase o que pase neste partido sairemos lideres para continuar o noso camiño e chegar canto antes o obxectivo pero, como dixo Oltra, hai que sair a gañar, e logo xa veremos que pasa.

Dou por feito (o mellor non deberia) que intensidade, esforzo e traballo están garantidos, e que sairemos co equipo de gala (que xa levamos un par de partidos sen ver) polo que apunto algunhas claves mais que poden inclinar a balanza do noso lado

  1. O Celta — É a primeira clave. Vexo un Celta que vai sair hiper-revolucionado e a volcarse contra a porteria de Aranzubia. As contras do Depor poden ser mortais se sabemos aproveitar os presumibles espazos que van a deixar. Ademais o Celta ten unha autentica obsesion con dar caza o Deportivo e ten xogadores que se desquician con tremenda facilidade. Se as cousas non lles saen como plantexan a ansiedade fara acto de presenza. A maiores teñen a presion de que non poden fallar porque o Valladolid non cede. Mentalmente é un partido moi complicado para eles.
  2. As nosas bandas — Guardado e Bruno están nun gran momento e deberán ser un pesadelo para os laterais. Especialmente Guardado que afronta o que será o seu primeiro derbi neste derradeiro ano como deportivista. Clave en moitos partidos da tempada, o compromiso e Andres co equipo está fora de toda dubida e que mellor xeito de ter unha lembranza positiva do wey que un partidazo contra o eterno rival.
  3. O centro do campo — É onde, para min, vaise decidir o derbi. Se Alex é capaz de parar a Oubiña teremos moito gañado porque é o cerebro e motor do seu equipo. Ademais a saida de balon de Juan será fundamental para lanzar a Guardado e Bruno. A pelexa promete ser moi interesante.

Home por home somos superiores na maioria dos postos pero realmente un partido de alta tensión coma este podese decidir por minimos detalles, nos derbis as diferenzas e os estados de forma igualanse sobre todo nos primeiros trinta minutos de partido polo que se sabemos controlar e aproveitar estas cousas teremos moito gañado. Ademais está a xente…o desprazamento de seareiros deportivistas será moi importante pese os numerosos atrancos que tivemos e entre as entradas das que dispoñia o Deportivo e os que as mercaron pola súa conta hai quen xa fal de achegarse os catro mil branquiazuis en Balaidos. O mellor esaxeran algo pero sexa o número que sexa o equipo debe respostar.

Advertisements