Etiquetas

Cea para dous nun local emblematico da cidade herculina. O antigo Restaurante do Playa Club pasou hai uns meses a denominarse Restaurante 1906. Propiedade do R.C Deportivo poñerlle de nome o ano da fundacion do club foi unha boa idea.

Pasemos o importante. Foi unha cea sinxela uns entrantes, plato principal e un postre e os dous optamos polo peixe. Localizacion, decoracion, presentacion da comida…o restaurante teno todo para ser un sitio moi agradable e non defraudou en absoluto.

Entrantes: Para compartir, Langostinos en tempura con salsa romescuZamburiñas Cruxiente de parmesano con mermelada de tomate. O mellor os langostinos, a salsa romescu dalles un toque que non probara nunca e que me encantou.

Plato: Como dixen optamos polo peixe.

  • Rape asado con luras en tempura, souquet e pó de amendoas. Moi sinxelo pero moi saboroso
  • Merluza o vapor con verduras e pil-pil de salsa tartara. Gustoume pero pode que ese pil-pil tan especial o faga un pouco forte de mais para a noite. Iso sí estaba moi bo e no seu punto exacto.

Postre: Tarta de queixo. Pero presentada non bol de cristal. Foi o que menos me gustou, tiña un regusto como a requeixo que non me acabou de entrar ben.

Non tomamos viño polo que a conta non subiu mais que a 51€. Prezo mais que razonable tendo en conta as impresionantes vistas a bahia do Orzan, e a calidade da comida. O servizo tamén foi excelente polo que non podo mais que recomendar o Restaurante 1906 sen dubida ninguna

Nota: 8 sobre 10

Advertisements