Etiquetas

Decidido e confirmado. Para a viaxe deste ano tocará Londres. Teño moitisimas gañas de ir porque encantame o british way of life e pese a que xa estiven en Inglaterra non pisei Londres. É como vir a Coruña e non visitar a Torre de Hercules. Imperdonable.

Pese as gañas de ir a decision non foi nada doada. As dificultades que temos en Galicia para viaxar o extranxeiro son tremendas. Os que seguides o blog xa puidestedes ler a miña opinion sobre o tema noutros post como A polemica dos aeroportos, Galicia cidade de vacacions ou Aeroportos un novo despilfarroO caso é que coa organización da viaxe quedaron mais que confirmadas as miñas sensacions sobre o tema. Caro ou con horarios pésimos. As opcions que tiñamos cos voos eran Ryanair desde Lavacolla por 140€ por persoa ida e volta e con horarios horrendos (chegar as dez e media da noite e avion de volta as cinco da mañá) ou Vueling desde Alvedro por 250€ por persoa ida e volta pero horarios normais (Chegar as 15:00 hora britanica e saida de volta as 16:00 hora britanica).

Finalmente decidimonos por sair da Coruña por varios motivos. O primeiro os horarios, moito mais comodos e segundo por prezo. A pesar do que poida parecer a primeira vista a opcion de Ryanair obrigabanos a coller o Stanted Express para chegar a Londres e o metro para chegar o hotel o que xa suporia preto de 50 Libras (60€) e tamen unha ultima noite de hotel preto do aeroporto de Stanted xa que o sair tan cedo o avion, e de quedar en Londres, teriamonos que erguer as tres da maña mais ou menos.

Así que decido sair de Alvedro. Agora queda buscar hotel, o que faremos nos próximos días. Polo momento miramos pola zona de Bayswater, por Picadilly, Oxford Street…

Advertisements