Etiquetas

Vimos de rematar o noso ano no inferno cun ascenso incontestable e pelexado contra todo e contra todos. Porque non nos enganemos, pese o que poida parecer vendo a clasificacion, puntos e vitorias isto foi unha loita sen tregua contra moitos inimigos, alguns deles na casa, e sorteando mil e unha dificultades.

Para empezar non tivemos o noso adestrador nas xornadas iniciais da liga por mor dun dos quebradeiros de cabeza do club nestes anos, o caso vecindario. Para un equipo recen descendido, coa autoestima tocada e con toda a presion do mundo enriba polo que se xogaba a entidade, non ter a Oltra no banco xeraba un punto de inestabilidade que non era doado de superar.

A maiores, e seguindo co adestrador, existiu unha guerra de trincheiras por parte dalguns membros da prensa coruñesa contra o adestrador, escudados nunha suposta vehemencia e ventaxismo do mesmo. Mais elementos desestabilizadores dos que nunca entendin de todo os motivos e que case conseguen enrarecer o ambiente.

No aspecto puramente competitivo atopamonos cunha segunda division que é como un foso de leons famentos. Todo o mundo queria gañarlle o Deportivo. A nosa historia e a nosa camiseta xogou na nosa contra e en troques de infundir respecto os rivais provocou que todolos planteis xogaran o 200% contra nos, cunha ansia e capacidade de traballo esaxerada e hiperrevolucionada que colleu a contrape o noso equipo. A nivel competitivo tamén nos atopamos con dous rivais, Valladolid e Celta, que fixeron uns números escandalosos e que, nun ano normal, implicarialles o ascenso directo a varias xornadas do final. Pero este ano estaba o Deportivo na categoria. O nivel destes dous rivais non fai mais que multiplicar ata o infinito a valoracion da tempada coruñesa. Contra todo e contra todos, este equipo arrasou a segunda division batendo record de vitorias e de puntos, golpeando a clasificacion como un martelo, sen descanso. Gobernamos no inferno con puño de ferro.

De nos, os seareiros, xa hai moito dito e escrito e non vou ser eu o que continue esa mirada de embigo permanente na que parecen instalados moitos. Só agardo que esta historica tempada recen rematada sirva para que nos decatemos de que o Deportivo somos nos e é a nosa forza a que sosten o equipo.

Advertisements