Etiquetas

Confirmada a viaxe so nos quedaba confirmar o hotel. Mentres buscabamos hotel decatámonos de dúas cousas. 1) O aloxamento en Londres é caro. Pero caro de verdade 2) A calidade dos hoteis está a bastante distancia do estándar galego.

Por partes. Cando digo que o aloxamento é caro refírome a relación calidade prezo. Atopei hoteis na city por cen euros a noite con boa pinta pero claro…era o prezo base. A partir de aí había que sumar almorzo, enchufes europeos, tv…ata o cambio diario das toallas e as sabanas había que pagalas a maiores. E respecto a calidade dos hoteis, pois atopamos de todo como en botica. Pero polo xeral un tres estrelas de alí, en Galicia non pasaría de unha con sorte. O final recomendáronnos o Royal National na zona de Russell Square que se ben ten moitísimas habitacións déronnos boas referencias tanto na axencia como coñecidos que xa foron alí. Así que solucionado o tema do aloxamento.

Ademais a zona é a que buscabamos porque está céntrico e con metro a volta de esquina. Por preferir gustabanos a zona de Bayswater, preto do Hyde Park pero xa quedaba mais alonxado e tampouco había gran diferenza de custes. Haberá que mirar ben que visitas van ser imprescindibles porque cinco dias tampouco dan para todo. Londres é enorme e ten moitisimo que ver pero voume por serio e declarar innegociables o British Museum e o Natural History Museum. O que teño claro é que, para non perder os bos costumes das nosas viaxes, vai tocar patear cidade a base de ben. En fin que xa so nos queda o troco de moeda e pouco mais. Quedan dúas semanas para marchar e xa está todo listo. Para nos é todo un record.

Vaise facer longa a espera.

 

Advertisements