Etiquetas

,

Parece que xa se van clarificando as posturas en torno as dúas liñas de traballo dos grupos que a prensa afín o Feijooismo chama “escindidos do bloque”. Certo é que tanto nas asambleas do NPC como en Compromiso por Galicia, do que me sinto moi próximo, hai moita xente que estaba nas filas do BNG, e ata podo admitir que sexan maioría, pero a realidade dime que tamén hai moitísima xente que non estaba na formación frentista que ve agora a posibilidade de participar nun proxecto mais acorde o seu xeito de ver as cousas. O que ía que me estou indo polas ramas.

Dicía o principio do post que se van clarificando as liñas dos dous grupos principais e vexo cada día mais difícil a confluencia nun proxecto único. Mentres o NPC liderado polo Encontro Irmandiño camiña cara un partido de vocación asamblearia, Compromiso por Galicia ou CPG xa da os primeiros pasos como partido único con diversos actos por todo o pais. Haberá xente que diga que é un fracaso que non poidan confluir nun único proxecto, pero eu digo que é o lóxico. Non vexo nin posible nin coherente a conformación dun único partido a partir de concepcións tan distantes do que debe ser a estrutura organizativa dos mesmos e o posicionamento ideolóxico con un NPC situado claramente na esquerda e o centro progresista que busca representar CPG. Significa isto a atomización do voto galeguista/nacionalista?. Na miña humilde opinión non. É mais, ábrese unha gran posibilidade que pode dar o impulso que buscamos a política feita desde Galicia e para Galicia.

Unha coalición electoral duradeira e permanente entre estes dous partidos (estilo CIU para que se me entenda ainda que estou mais que farto de todos os que piden unha CIU galega porque o proxecto en Galicia non debe ter espellos nos que mirarse)  pode ser o gran proxecto que precisa este pais para dar un xiro de 180 graos a súa vida política. A posibilidade esta aí, so precisamos da altura de miras adecuada para dotar por fin a Galicia dunha ferramenta que defenda os nosos intereses desde a realidade da rúa e non desde as trincheiras. Non estamos falando de gobernos bipartitos, tan denostados polo aparello mediatico do réxime, nin de pactos post electorais. Estamos falando dunha coalición electoral que se presente unida as eleccións. Sería o gran proxecto de vocación maioritaria que moitos agardamos para que muden as cousas. Son consciente de que non será nas proximas eleccións, pero o único xeito de avanzar é dar o primeiro paso.

Isto non quita de que o final vaia cada un por separado pero entendo que os responsables dos dous proxectos, unha vez rematados os seus procesos internos, deberian valorar seriamente esta posibilidade. É evidente que non seria doado, todo o mundo teria que ceder para tratar de achegarse pero como dicia unhas liñas mais atras é preciso dar un primeiro paso para comenzar a avanzar.

Pode ser este ese paso? Penso que si. Ten que ser…

Advertisements