Xa levaba días sen escribir no blog pero tal e como di o titulo este vai ser un post de vacacións, no que farei un tutum revolutum sobre os temas que me están chamando mais a atencion destes meses do verán de 2012.

Direi antes de nada que a viaxe a Londres foi todo o que agardaba e incluso un pouco mais. Unha cidade espectacular que engancha e na que te sentes incrible e sospeitosamente cómodo desde que a pisas por primeira vez. Prometo que cando teña un intre escribirei a parte III da serie Trip to England pero é que aínda nin revisei as fotos que sacamos. Un desastre.

En fin imos o lio porque xa me empezo a enrolar. Temos temas abondo desde o meu ultimo post para escribir durante meses pero hai tres que me tocan a fibra especialmente e diante dos que non podo ficar calado porque de tanto tragar bilis vaime dar algo. A crise financeira (dixen ben financeira, que non económica. O problema son as altas finanzas, bancos, débeda publica, etc) está levando por diante o que se acadou nos últimos trinta anos en cuestións de benestar no estado español pero cando eu entendía que podía ser a oportunidade para que políticos e sociedade se decataran de que o sistema de “café para todos” e de financiación das autonomías era errado é que so deberían ter autonomía política os tres territorios que a reclamaron historicamente xunto cunha verdadeira autonomía fiscal que permitira optimizar os recursos, resulta que non. A clase política do bipartidismo español e a sociedade que a sustenta pensa que é hora de recentralizar, potenciar o niño de corrupción que son as deputacións e buscar a volta o estado centralizado. Una, grande y libre que diría o baixiño de Ferrol. En Galicia o presidente Feijoo está a facer un gran traballo de regionalizacion. Está ben escrito con G, non pensedes que me trabuquei. Ademais como non ve nada claro poder repetir na poltrona está por mudar as regras do xogo. É coma se un equipo que xoga a final da Champions decide que o partido vaise xogar sen foras de xogo para eles e  cun 1-0 no marcador antes de comezar. O que mais indigna é que fai isto coa escusa do aforro e de que é o que a sociedade demanda. Un espectáculo.

Ando ilusionado estas semanas co posible potencial que mostra Compromiso por Galicia. Estanse facendo as cousas relativamente ben e podería facer cousas importantes pero como con todo hai que andar con moito tino para non estrangallar o enesimo proxecto dun partido nacionalista centrado. Sería un éxito impagable para o pais que Compromiso entrara no Horreo e o Bloque non baixara moito….neste tema hai moita xente que pensa que as novas opcións políticas galegas son un cancro para as posibilidades do nacionalismo. Son os da trincheira, onde outros ben división, eu vexo diversidade. O que non comprenden é que pechar o nacionalismo a xente que non é de esquerdas puras e duras é un erro estratéxico que levamos pagando trinta anos. Por mor dunha falsa unidade do nacionalismo a sociedade asimilou nacionalismo=esquerda cando a diversidade ideolóxica é a maior vantaxe que temos. En fin…a ver que sae de todo isto.

Por ultimo estou algo mais que indignado coa proposta do progre de Gallardón respecto da modificación da Lei do Aborto do estado. O retroceso que se propón implantar e de tal calado que as mulleres dentro de pouco poderían ser queimadas de novo por bruxas. A estes limites estamos chegando. Nunha falsa defensa da vida están cerceando o dereito a decidir das mulleres. Aquelo de nos parimos, nos decidimos parece unha utopía coa que se ven enriba. O aborto debería ser libre dentro dos prazos médicos apropiados e ningunha muller debería estar obrigada a dar a luz se non quere ter fillos. Podemos entrar nun debate interminable sobre cuestions de prazos pero eu non son médico e ai non entro, o que sei é que baixo a escusa hipócrita desa defensa da vida o PP está buscando eliminar a liberdade e implantar a moral católica mais ultra. A vinculacion das súas altas esferas co Opus Dei sempre asustou pero empeza a dar un medo terrible.

En fin que xa desafoguei un rato. A ver se busco tempo para seguir publicando un par de veces o mes pero como veña un bo  agosto non sei eu se serei capaz. Temas a tratar hai un lote deles pero con este sol…
PD: Ah!! Non pensedes que me esquecín do Deportiviño!! Estamos facendo un bo equipo, se pechamos un central de garantías e un nove imos dar moito que falar este ano, xa veredes, ímonos manter sen excesivas dificultades e algún susto pegaremos por ai adiante.

Advertisements