Etiquetas

En Galicia, o anuncio do Presidente de sacar adiante unha redución do número de deputados, sen mais reformas que garantan a representatividade, monopolizou a actualidade política do pais nas derradeiras semanas e amosase como un terrible pucheirazo, digno fillo da tradición bolivariana mais antidemocrática.

Foi probablemente por isto que non tivo moito eco nos medios galegos a chegada estes días dun novo “personaxe” o escenario político galego, e que conta co apoio da extrema dereita mediatica do TDT Party encabezado pola canle Intereconomia. Falo de Mario Conde. Todo o mundo coñece a querenza pola presenza publica do expresidente de Banesto que está valorando o salto a política da man dun novo partido impulsado por Sociedad Civil Española, que se chamara Sociedad Civil y Democracia (SCD) e que terá o seu congreso constituínte en outubro. Ata aquí todo isto non debería ter maior transcendencia para o noso pais. Un novo partido nacionalista español con escasa ou nula implantación en Galicia e que non debería ter mais apoio no estado que a rama mais extremista do PP. Poren, unha entrevista a Mario Conde no Faro de Vigo no que deixaba bastante clara a súa intención de presentarse as eleccións a presidente do Goberno de Galicia fixo que me plantexara unha hipótese. As continuas tentativas de control do Partido Popular ourensán por parte de Genova e Compostela provocou que a sombra dunha espantada do baltarismo estivera presente ata non hai moito e só a posibilidade da perda do poder fixo que, polo momento, se decretara un alto o fogo nesta guerra silenciosa que se libra dentro da delegación galega do PP. Por outra banda, son publicas e coñecidas as excelentes relacións de Conde coa familia rexente de Ourense, os Baltar, e é aqui onde tedes que activar toda a vosa imaxinación. Sería posible que o baltarismo marchara do PP e apoiara a Conde na súa aventura? Tendo en conta que Ourense é o principal caladoiro de votantes do Partido Popular, sería un torpedo na liña de flotación dos populares e de Feijoo, a quen lle faría perder moitos votos.

Ben sei que isto é unha hipótese e, probablemente, careza de moito sentido. Pero simplemente imaxinando que o que acabo de expoñer puidera converterse en realidade decatariámonos que provocaría unha autentica bomba política cuxas dimensións non son quen de valorar.

Advertisements