Etiquetas

Onte a media maña saltaba a nova de que habería eleccións anticipadas en Euskadi. Se este fora un pais normalizado diriamos, moita sorte e que todo saia ben. Diriamos isto porque Galicia tería os seus propios tempos políticos e non seria un peón mais do xogo político que teñen PP e PSOE no estado español. Sen embargo, como xa vou para trinta e cinco anos e teño bastante superado o idealismo teño claro que isto afecta, e moito, a política do pais. O Presidente Feijoo ten diante un dobre dilema tendo en conta que non ten asegurada (nin moito menos) a reelección, e que as súas decisións van estar supeditadas o que lle manden os seus xefes de Madrid.

Por un lado, se Feijoo adianta as eleccións para facelas coincidir coas vascas, collerá o principal partido da oposición galega por número de deputados cun proceso de primarias recen rematado. So o BNG (quen o diría hai uns meses) ten perfectamente claro como e a quen vai presentar de candidato. Ademais, das forzas extra parlamentarias, deixará a Anova e EU coa necesidade imperiosa de pechar rápido esa fronte de esquerdas que buscan crear e a Compromiso cun proceso de primarias abertas recen pechado que, por novedoso, é unha incógnita. En Compromiso tampouco teriamos tempo a rematar o proceso constituínte aberto, que considero é absolutamente urxente pechar porque limita a capacidade de acción e de difusion deste proxecto. Ademais de todo isto, tamén deixaría fora de xogo a Mario Conde, figura que xa especulou coa posibilidade de presentarse e a quen na delegación galega do PP téñenlle bastante medo. Xa falei no post Chega Mario Conde, afectaríalle o PP? sobre a forte relación entre o exbanqueiro e o baltarismo, e parece ser que nas filas populares tremen ante unha posible escisión da súa rama ourensán, toda vez que é o seu gran caladoiro de votos.
Sen embargo, e aquí está o gran problema do PP para adiantar as eleccións, o presidente non tería tempo de sacar adiante o pucheirazo electoral que ten previsto coa redución dos deputados de 75 a 61 e isto é un gran problema para el xa que as enquisas non lle son moi favorables e arriscase a ser o primeiro goberno do PP en caer o que afectaría, e moito, a súa carreira en Madrid.

Por outro lado, se convoca as eleccións no seu tempo natural, marzo de 2013, terá tempo de converterse en imitador de Hugo Chavez e sacar adiante a redución de deputados pero atoparase cunha oposición cos seus procesos internos rematados, lista para dar a batalla, e co efecto negativo de mais que previsibles novos recortes do goberno de Rajoy no estado.

Sexa cal sexa a decisión de Alberto Nuñez Feijoo coñecerémola esta semana xa que, no caso de adianto electoral, ten que facer a convocatoria xa. A miña aposta é que non haberá adianto e que teremos as nosas eleccións en marzo do ano que ven, pero eu non teño moita sorte coas quinielas.

Politicamente, en Galicia, vai ser unha semana interesante

Advertisements